PATRIMONIO CULTURAL
Galicia recibe con honores a las esculturas de Carboeiro
GALICIA
O Grupo Parlamentario do PPdeG rexeitou unha proposición non de lei impulsada polo BNG -con apoio de PSdeG e AGE- para que se inste á Xunta a adoptar as medidas lexislativas necesarias co fin de restrinxir o acceso de menores de 16 anos a corridas de touros en Galicia.
Na comisión institucional do Parlamento galego, o deputado popular José Santiago Freire defendeu que as corridas de touros "non se trata só" dun espectáculo "cuxo único obxectivo é matar a unha animal" senón que xustificou que teñen "unha serie de connotacións culturais", ao tempo que puxo en valor que supoñen un beneficio económico para determinados sectores.
Así, a deputada do BNG Ana Pontón foi a encargada de defender unha iniciativa do seu grupo na que apelou a un pronunciamento do Comité dos Dereitos do Neno, organismo das Nacións Unidas, no que advirte dos efectos nocivos para menores de presenciar escenas reais de violencia como as corridas de touros.
Nesta liña, Pontón referiuse a estudios de diversos institutos de pediatría de Estados Unidos sobre a exposición á violencia de menores, nos que se conclúe que "hai unha relación causal entre a violencia e o comportamento agresivo entre algúns nenos", ao tempo que se alerta "dunha insensibilización" entre os pequenos.
Tamén fixo referencia Pontón a estudios sobre o impacto das corridas de touros en nenos, nos que se constata que "o 56,3 por cento" dos nenos que asistían a elas "tiñan indiferenza cando as presenciaban", mentres que aqueles que non acoden habitualmente mostran un maior rexeitamento á violencia.
En 2011, o Parlamento galego acordou instar á Xunta a que se fixase a idade de 12 anos como mínima para poder asistir a unha corrida de touros en Galicia. Sobre esta cuestión, Santiago Freire preguntou ao BNG "que cambiou dende 2011 ata agora" para querer elevar ese límite ata os 16 anos, posto que o PP cre que "non se incrementou exponencialmente" a asistencia e "non se diagnosticaron novos con profundas pegadas psicolóxicas".
Ao respecto, os populares pregúntanse se aumentou especialmente a sensibilidade" á asistencia a corridas de touros, ou se aumentou o nivel de rexeitamento do BNG" ou outros grupos a calquera actividade de tauromaquia na senda "marcada" por outras comunidades "como Cataluña". Ademais, Freire cuestionou se ao BNG o molestan "as connotacións españolistas" dos touros.
Con todo, o deputado popular indica que restrinxir a entrada de menores de 12 anos a recintos taurinos foi "un primeiro paso" en Galicia e comprometeuse "a seguir avaliando" no futuro a participación de menores neste tipo de actividades.
"INTENTOS DE UNIFORMIZACIÓN CULTURAL"
Xunto a isto, Pontón criticou que as corridas de touros son: "Unha práctica allea á nosa tradición cultural". De feito, considéraas "intentos de uniformización cultural do Estado español" nunha "idea imaxinaria dunha España unitaria".
Sobre este extremo, o BNG identifica que só unha minoría asiste á este tipo de "espectáculo cruento", pois o "85 por cento" da poboación "declara estar en contra das corridas", mentres o "lobby taurino" recibe "máis de 700 millóns en axudas públicas nos últimos anos".
Así mesmo, Pontón acusou á Xunta de que "incumpra resolucións deste Parlamento en relación á iniciativa aprobada para impedir o acceso aos touros de menores de 12 anos e "non se desentenda" dos dereitos de menores.
Tras deixar claro que a violencia "non é ningunha imaxe á que teña que estar sometido ningún menor", reclamou "un paso adiante" do Parlamento para esixir á Xunta que se debe protexer á infancia dun "xeito efectivo".
Na súa intervención, o deputado Santiago Freire reprochou ao BNG que non denunciase a participación de menores na Festa do Boi de Allariz, onde se realiza "un paseo dun boi atado" e no que pode haber, ao seu xuízo, unha "situación de estrés" para ese animal". A isto respondeu Ana Pontón que o PP busca unha "polémica falsa para tapar" o seu rexeitamento a esta proposición.
DESCONTOS A MENORES
Pola súa banda, a deputada de AGE Yolanda Díaz censurou a existencia de espectáculos taurinos, que considera "extremadamente violentos", os cales "deberían ser erradicados" e "sen dúbida" avoga por que a entrada debería ser impedida para menores de 16 anos". E é que pensa que se se eliminan os "elementos folclóricos", só queda "un espectáculo de tortura".
A este respecto, a deputada socialista Beatriz Sestayo apunta que hai estudios que alertan das consecuencia da visión de corridas de touros para a saúde psicolóxica dos menores, mentres empresarios taurinos "están a fomentar" en Galicia "mesmo os descontos para menores". Ademais, remarca que "dá moito que pensar" que "se celebre como Festa Nacional" a "matanza e tortura" dun animal.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PATRIMONIO CULTURAL
Galicia recibe con honores a las esculturas de Carboeiro
LA MADRE DEL ACUSADO, HERIDA
Un hombre detenido en Navarra acusado de asesinar a su mujer
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Un accidente obliga a cortar la A-6 en ambos sentidos en Baralla
LIBERAR A LAS EXPLOTACIONES
La Xunta publica el plazo de solicitudes para que centros de embalaje puedan encargarse del marcado de huevos
Lo último
Sociedad de Promoción Exterior Principado de Asturias
Bruno López, director general de Asturex: “Exportar requiere paciencia, constancia y músculo económico”
FIESTA GASTRONÓMICA
A disfrutar del “xantar da cachucha”
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, sábado 21 de febrero?