O programa "Desafío Jovens" promove a inserción laboral da xuventude en Galicia e no norte de Portugal
DOTADO CON 1,3M
A directora xeral de Xuventude e a delegada do Goberno galego en Vigo presentaron a iniciativa "Desafíos Jovens" na cidade olívica. Lara Meneses erixe esta acción como un “piar fundamental” para mellorar as oportunidades de emprego da xente nova e rexuvenecer o tecido produtivo
O proxecto contará cunha oficina itinerante de asesoramento e ofrecerá intercambios laborais transfronteirizos. Levará a cabo accións de apoio e capacitación para mellorar as competencias dixitais, de innovación e de emprendemento.
A directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, presentaron hoxe na cidade olívica o lanzamento do programa de cooperación transfronteiriza co Norte de Portugal Desafíos Jovens, que conta con máis de 1,3 millóns de euros para “favorecer e potenciar a inclusión da mocidade nos mercados de traballo de Galicia con esta rexión lusa”.
A representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude salientou que este proxecto, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), se vai converter nun “piar fundamental para incrementar as oportunidades de emprego da xente nova, afianzar a poboación e rexuvenecer o tecido produtivo de ambos lados da raia”. Neste senso, explicou que as iniciativas se van centrar no ámbito rural e desde unha perspectiva de “inclusión e de xénero”, polo que se priorizará tamén a inserción laboral das mulleres mozas. Deste xeito, adiantou que estas medidas van procurar “mellorar as súas competencias dixitais, de innovación e de emprendemento”.
Aposta polo emprendemento
Ao respecto, Lara Meneses considerou que o esforzo sobre estes sectores poboacionais é “clave para o emprendemento e a xeración de novas empresas, xa que son axentes de rexeneración económica estable”. Para iso, precisou que o obxectivo será que poidan crear o seu propio posto de traballo ou facilitarlles a súa integración laboral en sectores con potencial neste marco territorial transfronteirizo, “con especial atención á economía verde e a social”.
Oficina itinerante e intercambios laborais A responsable de Xuventude avanzou que un dos “puntos innovadores” deste programa será o de “ir na procura dos posibles participantes potencias”. Deste xeito, adiantou que se contará cunha oficina itinerante de asesoramento “para dar unha atención específica e apoialos no acceso dunha aprendizaxe permanente”.
Para iso, indicou que se lle facilitarán a formación coa posta en marcha de intercambios laborais entre Galicia e o Norte de Portugal, a través de prácticas e fomentando a cooperación entre os sectores públicos e privados. “A mellora da dinámica deste mercado laboral permitirá expandir os horizontes económicos e sociais do mundo rural desta eurorrexión”, puxo en valor Meneses, ao tempo que se amosou convencida con que, desa forma, “se incrementará o atractivo destas áreas, con traballos que reteñan o talento innovador e que aumenten as posibilidades de conciliación, paliando a perda de habitantes deste territorio”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
AVISO DE UN PARTICULAR
Un incendio en un edificio okupa de Vigo deja tres heridos, uno de ellos grave
TRACASTELA, BARALLA, BECERREÁ
Galicia registra una serie de terremotos de hasta magnitud 3,9 en Lugo durante la madrugada