"POR NUESTRAS ABEJAS"
La apicultura exige más ayuda contra la velutina en Galicia
"EXTRAORDINARIA RESPOSTA"
A Real Academia Galega (RAG) clausurou o sábado os actos presenciais das Letras Galegas 2025, dedicadas ás cantareiras, cun simposio en Muxía (A Coruña). O presidente, Henrique Monteagudo, destacou a “extraordinaria” resposta, resaltando a “positiva acollida” entre os máis novos. Monteagudo subliñou que a mocidade “goza da tradición” e iso lles permite “abrir novos camiños a través do coñecemento e uso” da lingua galega.
A académica María López-Sández sinalou que estas Letras Galegas “permitiron unir a cultura de masas coa alta cultura”, e destacou que “as novas xeracións están a retomar o legado da tradición”.
No Museo do Pobo Galego, dependente do Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI), o impacto foi notable: en maio rexistráronse preto de 11.000 descargas e a exposición sobre as cantareiras alcanzou 24.000 visitas, segundo a técnica Isabel Vigo.
O músico tradicional Xabier Díaz destacou a “certa unanimidade” sobre que esta foi unha das celebracións “máis expansivas”, chegando á sociedade en xeral e non só a público afeito á música tradicional. Subliñou tamén a importancia de visibilizar “todas esas mulleres pouco recoñecidas” e que a tradición evolucione da man das novas tendencias.
O secretario xeral da Lingua, Valetín Rodríguez, afirmou que a elección das cantareiras foi “todo un acerto” pola “gran acollida popular”. A etnomusicóloga Xulia Feixoo lembrou que o simposio mostrou a influencia das cantareiras na construción do sentimento de comunidade e o pouso de “mulleres pobres” cuxos cancioneiros levan intrínseco un forte valor colectivo: “A voz colectiva foi tamén un modo de facer comunidade”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
"POR NUESTRAS ABEJAS"
La apicultura exige más ayuda contra la velutina en Galicia
PIDEN FINANCIACIÓN ESTATAL
Galicia recibirá a ocho menores desde Ceuta esta semana y la Xunta avisa: "Estamos al límite"
FUNDACIÓN LÍNEA DIRECTA
Casi el 90% de los conductores en Galicia suspenderían hoy el examen teórico
Lo último
Fernando Ramos
Bildu es ya el más firme apoyo de Sánchez
EDUCACIÓN VIARIA
Os nenos de Barbadás presumen de bicicleta
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Playa de Ríos en Vigo