Rescatados dos tripulantes en Cabo Silleiro
NAUFRAGIO
Los dos marineros de Baiona han sido trasladados para recibir asistencia médica
Os dous tripulantes do pesqueiro "Nova Vanesa" foron rescatados e trasladados para recibir asistencia médica despois de que o seu barco naufragase na mañá deste venres fronte a Cabo Silleiro, en Baiona (Pontevedra).
Así o comunicarons fontes de Salvamento Marítimo, que informaron de que os dous pescadores foron rescatados polo helicóptero "Pesca 1" da Xunta de Galicia e por outro pesqueiro, o "Estela".
Un dos tripulantes foi evacuado en helicóptero ao aeroporto de Peinador, onde había esperando unha ambulancia de Urxencias Sanitarias que, segundo informaron fontes sanitarias a Europa Press, foi levado ao Hospital de Povisa. Pola súa banda, o segundo home, que está "san", foi trasladado ao Porto Pesqueiro de Baiona, dende onde unha ambulancia o levou a un centro de saúde.
CAE 112 Galicia indicou que ás 8,50 horas deste venres recibiron a chamada dun particular alertando de que unha embarcación se afundira entre Carral e Aguieira, onde había unha persoa enriba dos restos e outra na auga.
Así, o 112 deu o aviso a Salvamento Marítimo e ao Servizo de Gardacostas de Galicia, ademais de ao GES de Val Miñor, á Policía Local de Baiona e á Guardia Civil. O rescate foi coordinado por Salvamento Marítimo.
Fontes de Salvamento informaron de que na zona do afundimento atopa a embarcación "Salvamar Mirach", de Salvamento, que trata de verificar se é posible recuperar ou remolcar o pesqueiro.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
APUNTA A UNA QUEMA AGRÍCOLA
Los primeros grandes incendios de Galicia calcinan 750 hectáreas a principios de abril
"COMPROMISO E DIGNIDADE"
El Parlamento gallego honra la labor a favor de la igualdad de género
COBERTURA SOCIAL
Rueda centrará su balance en vivienda y rebajas fiscales
Lo último
SU ADVERTENCIA MÁS GRAVE
Trump intensifica sus amenazas a Irán: “Una civilización entera morirá esta noche”
AMPLIAS MAYORÍAS NECESARIAS
Luz verde del Gobierno la reforma constitucional para blindar el derecho al aborto