Retorna Emprego oferta máis de 750 prazas aos galegos do exterior

EXTRATEXIA RETORNA

Máis de 2.400 asistentes nos eventos organizados pola consellería en São Paulo e Salvador de Bahía, en Brasil.

O conselleiro de Emprego nunha reunión esta semana con socios do programa en Brasil.
O conselleiro de Emprego nunha reunión esta semana con socios do programa en Brasil. | La Región

O conselleiro de Emprego, José González, acompañado polo secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse con membros da Asociación Hispano-Galega Cabaleiros de Santiago, de Salvador de Bahía, dedicada á difusión da cultura galega no Brasil e que colabora co Goberno galego neste ámbito. Por exemplo, na organización dos encontros que mantivo o conselleiro en xuño con distintas entidades da colectividade galega coincidindo coa edición deste ano das feiras de emprego no exterior, que a Xunta impulsou en São Paulo e Salvador de Bahía.

No marco da reunión, o conselleiro deu conta dos resultados destas citas. A elas -segundo datos definitivos- asistiron en total preto de 2.400 persoas que puideron coñecer as oportunidades de retorno a Galicia e destacou que estas citas impulsaron o interese no programa Retorna Cualifica Emprego ao que está vinculado esta iniciativa. Ademais, subliñou que a través deste programa -incluído na Estratexia Galicia Retorna- preto de 90 empresas galegas están manifestando interese en contratar e están ofertando máis de 750 postos de traballo. Así, a Xunta busca favorecer da man das empresas o regreso a Galicia de persoas que emigraron ou dos seus descendentes con traballos ofertados en orixe.

No caso das feiras de emprego do Brasil, sinalou que a raíz delas subiron as inscricións de persoas procedentes deste país no Retorna Cualifica Emprego, xa que se duplicou ata superar as 400 e en total o programa leva máis de 5.700 persoas inscritas.

En concreto, a de São Paulo foi o 6 de xuño e a ela asistiron preto de 1.430 persoas e a de Salvador de Bahía o 8 de xuño e contou con máis de 960 asistentes. En ambas, as persoas galegas residentes no Brasil puideron coñecer as oportunidades laborais que están a ofrecer sectores estratéxicos como o metalmecánico, naval enerxías renovables ou TIC.

Ademais, as persoas asistentes participaron en actividades de acompañamento que abarca a busca de emprego e o emprendemento, entre outros, co fin de mellorar as súas capacidades. Entre as medidas das que se deu conta, está a orde de axudas autonómica que se lanzou por primeira vez este ano e que está destinada a rehabilitar vivendas en concellos de menos de 20.000 habitantes para alugalas ou ceder o seu uso a persoas contratadas por empresas con centros de traballo en Galicia.

“Con estas feiras do Brasil, consolídase esta iniciativa tralo éxito das edicións celebradas o ano pasado na Arxentina e no Uruguai. Neste sentido, busca seguir favorecendo o retorno das persoas galegas en idade laboral que queiran regresar a Galicia”, sinalou Emprego nun comunicado.

Contenido patrocinado

stats