POSIBLE FALLO EN LA ESTRUCTURA
Tres menores resultan heridos en Vimianzo tras caer desde un balcón
estatuto de autonomía
O presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices Vieira, destacou onte a “vocación europeísta” de Galicia fronte ás ameazas de “de erguer muros de autocracia ou totalitarismo da man das novas oligarquías tecnolóxicas”. “Galicia é Europa, e Europa é sinónimo de democracia, paz e liberdade”, defendeu no acto de entrega da Medalla do Parlamento á Real Academia Galega de Belas Artes, a Afundación-Obra Social Abanca e ao catedrático Ramón Villares.
Na conmemoración do aniversario do Estatuto de Autonomía, o xefe do Lexislativo autonómico agradeceulle aos distinguidos este ano co galardón da Cámara autonómica “a súa implicación, entrega e dedicación constantes na tarefa coral de dar a coñecer os fondos artísticos e culturais” que alberga o Parlamento, como proba inequívoca do seu compromiso coa cultura e a realidade social galega.
Na súa intervención, Santalices reivindicou o orgullo de acoller no recinto parlamentario unha ampla mostra de fondos artísticos, documentais e bibliográficos que acreditan “a vizosa saúde” do talento artístico a historia cultural que cimentan unha identidade propia e madura democraticamente. Compartir e dar a coñecer ese patrimonio “é a nosa obriga, como representantes e fedatarios de todos os galegos e galegas”, afirmou.
O xefe do Lexislativo referiuse tamén aos intelectuais galeguistas da Xeración Nós que, como fixeron Castelao, Risco ou Otero Pedrayo prestaron unha atención continuada a tódalas correntes europeas que logo plasmaron nas súas obras cunha Europa construída desde a cultura. Pero foi Ramón Piñeiro “quen máis avogou polo galeguismo cunha dimensión europeísta como ideal de integración das comunidades culturais e tamén o decidido impulso dun Estatuto cunha impronta cultural”, engadiu.
Santalices salientou que con ese espírito foi que botou a andar o 6 de abril de 1981 o Estatuto do que se conmemora o seu aniversario e que corresponde aos que forman parte das institucións autonómicas “esforzarnos en honrar a súa herdanza e facer medrar os principais símbolos da nosa identidade dándolle forma a través de todas as expresións sociais e artísticas”.
Neste sentido, celebrou “con orgullo” o aniversario do Estatuto co que “vimos medrar a nosa autonomía ata situarnos coma un dos territorios con maior capacidade de autogoberno de Europa, as institucións que o sustentan así como a estabilidade política e social que nos caracterizan”. Por outra banda, destacou como decisivos a colaboración e o asesoramento da Real Academia Galega de Belas Artes na catalogación e a musealización dos fondos artísticos da Cámara integrados por máis de 300 pezas de pintura e escultura de artistas galegos contemporáneos.
Os máximos galardóns que concede o Parlamento galego completáronse co outorgado ao catedrático e historiador Ramón Villares, “un dos intelectuais máis destacados da nosa historia máis recente do que temos o orgullo de contar coa súa colaboración sempre que llela requerimos”, segundo apuntou Santalices.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
POSIBLE FALLO EN LA ESTRUCTURA
Tres menores resultan heridos en Vimianzo tras caer desde un balcón
AUMENTO DEL 8,1%
Un año con 7 heridos graves en 40 siniestros con patinete en Galicia
Lo último