O sector do viño contará con 1,7 millóns para a súa promoción
NACIONAL E INTERNACIONAL
A Xunta destinará 1,7 millóns de euros este ano para apoiar a promoción nacional e internacional do viño galego, diante dos retos actuais do sector.
A Xunta destinará este ano 1,7 millóns de euros para apoiar ao sector vitivinícola galego na promoción nacional e internacional dos seus viños. Ao abeirao desta liña de axudas se promoveron nos últimos sete anos preto de 150 programas de promoción e xestionáronse máis de 8 millóns de euros, segundo destacaron os deputados do Grupo Popular Juan Casares e José Luís Ferro durante a visita á Adega Peña, situada en Castrelo de Miño.
Juan Casares manifestou que “esta liña de axudas adquire unha importancia especial neste momento por mor do contexto sociopolítico que estamos a vivir polas decisións que o Goberno de Trump está a adoptar impoñendo aranceis ás importacións de produtos da Unión Europea”. “Este panorama coloca ao viño galego nunha situación complicada e coa necesidade de abrir novos mercados, ademais de potenciarse nos que ten hoxe presenza”, apuntou.
José Luís Ferro lembrou que, “desde a pandemia da covid-19, o sector vitivinícola vive unha crise que non ten selo galego, senón timbre internacional, provocada tanto pola diminución do consumo e das exportacións, como polo aumento do prezo do produto polos maiores custes de produción derivados da guerra de Ucraína”.
Os deputados, acompañados polo alcalde, Avelino Pazos, sinalan que este sector achega o 1,4 por cento do PIB galego, xera un valor engadido bruto de 890 millóns de euros e da emprego a cerca de 16.000 persoas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
"VULNERADA LA IMPARCIALIDAD"
La nueva presidenta del Contencioso del TSXG aparta al juez Villares de la sección encargada de eólicos
QUEDÓ SEMIINCONSCIENTE
Herida grave una septuagenaria en Tomiño tras ser atacada por una decena de perros
Lo último
CÚMULO DE LESIONES
Totó, el pulmón del Allariz
LOS LIBROS QUE LEO
"Cartas a un joven poeta" para una búsqueda de la paz interior