Os socorristas alertan dun aumento das imprudencias

Galicia é, un ano máis, unha das rexións con maior número de afogados

Publicado: 17 ago 2025 - 05:30 Actualizado: 17 ago 2025 - 05:30

Un socorrista da Cruz vermella, ante un grupo de nenos nunha praia.
Un socorrista da Cruz vermella, ante un grupo de nenos nunha praia. | La Región

A presidenta da Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia, Nuria Rodríguez, fixo onte un chamamento á prevención e a concienciación sobre a importancia de seguir as recomendacións en praias e piscinas ante o aumento este verán das imprudencias e tamén de casos de ahogamientos, xa non en persoas maiores que sofren unha indisposición senón en máis novas. Recoñece que hai preocupación e máis despois de que Galicia sexa un ano máis unha das rexións con maior número de afogados. No que vai de 2025 e, segundo as últimas cifradas publicadas pola Federación Española de Salvamento e Socorrismo, morreron un total de 34, oito no mes de xullo xa sexa en praias, ríos, piscinas e outros espazos acuáticos.

E é que a comunidade galega sitúase este ano como a quinta con maior número de mortes por ahogamiento, só detrás de Andalucía, Canarias, a Comunidade Valenciana e Cataluña nun ano no que, a nivel estatal, faleceron 302 persoas afogadas.

A presidenta autonómica da Federación remarca o feito de que se estean rexistrando cada vez máis casos vinculados a imprudencias “que se poden evitar” e non o dunha persona maior “cun problema cardíaco e ao que non se pode reanimar”. “Este ano é destacable”, lamenta ao aludir a situacións como persoas que se tiran desde unha altura considerable, en zonas que non coñecen e logo non son capaces de saír á superficie.

Aínda que asegura que normalmente o perfil da persona que se afoga é en Galicia o de alguén de máis de 65 anos, insiste en casos rexistrados en Pontevedra recentemente. “Unha foi nunha zona prohibida ao baño en Catoira e outro que se tirou a unha poza e xa non saíu á boia, era xente nova”, remarca.

Xente nova

Por outra banda, subliña que entre as doce da mañá e o catro da tarde é que cando se produce o maior número de imprudencias e insiste en que están a detectar máis sobre todo en xente nova, aínda que tamén apela á concienciación de proxenitores que deixan aos seus fillos sós na auga e a idades temperás.

“A xente non é consciente dos perigos que leva o mar e en Galicia vén moita xente de fóra que non sabe que hai correntes e que a marea sobe e baixa a un ritmo importante e ao neno que case non sabe andar déixaselle na auga e non ven a forza que leva o mar”, apunta do mesmo xeito que outros casos de perigo se non se lle acompaña da man e estase ao seu lado.

“Falta educación, é importante que se faga caso aos socorristas”, expón para reivindicar a importancia de que se estenda a presenza destes profesionais a areais que agora non contan con eles pero tamén en que non se lles vexa como unha figura que está “ao servizo de todos, para limpar, para coller as medusas, para curar gaivotas, auxiliar de baño que axuda á xente maior ou persoas con mobilidade reducida”.

“Iso é o que pensa a xente, venche con moitas funcións”, asevera para incidir na importancia que teñen o socorristas pero tamén en que se lles faga caso cando advirten de perigos ou comunican determinadas prohibicións existentes segundo o estado do mar.

Contenido patrocinado

stats