AUMENTO DEL 8,1%
Un año con 7 heridos graves en 40 siniestros con patinete en Galicia
SUCESO | VIGO
A Fiscalía pide dous anos e medio de cárcere para un home, E.D.C.C., que será xulgado pola sección cuarta da Audiencia de Pontevedra o 18 de abril, como suposto autor dun delito de abuso sexual, ao tocar as nádegas a unha muller cando lle facía unha tatuaxe.
Segundo o escrito de acusación pública, os feitos tiveron lugar o 13 de agosto de 2016, cando o home tiña un posto de tatuaxes en Pontevedra, onde se estaban celebrando as festas da Peregrina.
O acusado atendeu a I.G.T. que, acompañada das súas amigas, acudiu ao posto a facerse unha tatuaxe nun brazo. Cando estaba a realizar a tatuaxe, o acusado realizou pasoulle á muller o brazo por detrás das costas e fíxolle tocamentos nas nádegas.
Cando a vítima lle recriminou a súa actitude, E.D.C.C. espetoulle: "Que pasa? É un cu, podes tocar o meu". A moza informou a un vixiante de seguridade do ocorrido e cando lle pediu a documentación ao tatuador, este fuxiu do lugar, aínda que foi finalmente localizado.
Por estes feitos, a Fiscalía pide que se lle condene a unha pena de dous anos e medio de prisión, como autor dun delito de abusos sexuais.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
AUMENTO DEL 8,1%
Un año con 7 heridos graves en 40 siniestros con patinete en Galicia
INGRESOS EN LOS HOGARES
El salario solo es el 46% de la renta de los gallegos, el mínimo histórico
INCIDENTE AGRARIO
Muere un hombre tras volcar su tractor en O Corgo, Lugo