GRAVEDAD DE LAS LESIONES
Muere la mujer apuñalada en A Coruña por su compañero de piso, que también provocó un incendio
O expresidente da Xunta e membro do conselo Consultivo de Galicia, Emilio Pérez Touriño, censurou as 'graves calumnias e infamias' verquidas no pleno do Parlamento pola deputada do PPdeG, Emma Álvarez Chao, durante un debate sobre a onda de incendios de outubro.
Na primeira xornada do pleno, a parlamentaria popular, ante as críticas da oposición pola viaxe de Alberto Núñez Feijóo a Arxentina durante os lumes, replicou que Touriño estaba a 'tomar o sol cunha motobomba vixiando a súa residencia de verán e regando a zona para evitar o risco de incendios, mentres que catro persoas civís perdían a vida'.
Fronte a isto, Pérez Touriño avogou por 'desterrar a utilización das vítimas' do debate sobre os incendios forestais. 'Teño a convicción de que a acción política debería ser capaz de desterrar a utilización das vítimas e a manipulación partidaria en aras do esforzo compartido e a acción conxunta fronte a un problema de país', subliña.
A través dun comunicado, o expresidente resaltou que a vai 'na obriga de realizar unha valoración' das declaracións, verquidas na primeira xornada do pleno e aínda que os populares pediron a súa retirada do diario de sesións.
Ao respecto, considera que non se produciu 'desautorización, rectificación ou desmentido destas, máis alá da súa retirada da acta' e incide en que 'se corresponden coa tese oficial do Partido Popular e do seu presidente'.
Neste sentido, mantén que 'solo dende unha concepción e unha práctica da política baseada na manipulación e a mentira e no todo vale pódense manter as graves imputacións realizadas dende o PP, menoscabando a dignidade das persoas, da política e das institucións'.
Ademais, deféndese das acusacións ao afirmar que 'se'pode comprobar' a través de a súa axenda pública como presidente que 'dende o primeiro momento' asumiu 'persoalmente, dende a sede da Xunta de Galicia en San Caetano, a dirección e coordinación diaria da resposta a esta onda de incendios'.
RESIDENCIA FAMILIAR EN SANXENXO
'Sen que o feito de que a miña residencia familiar durante o mes de agosto de 2006 estivese situada no termo municipal de Sanxenxo, a 30 minutos de Santiago de Compostela, supuxese menoscabo ningún no exercicio das miñas responsabilidades á fronte da Xunta de Galicia', destaca.
Así mesmo, recorda que xunto ao conselleiro de Medio Rural -o nacionalista Alfredo Suárez Canal- puxo en marcha 'con carácter inmediato todos os dispositivos institucionais de coordinación política asumindo a súa presidencia'. Tamén sinala unha 'colaboración sen precedentes' do Exército e a Garda Civil.
Pérez Touriño comeza o comunicado expresando - como xa fixo 'no seu día' - a súa solidariedade coas familias das catro persoas falecidas naquela onda de lumes e 'súmase á súa dor pola irreparable perda daquelas vidas'. Neste punto, insiste na 'repulsa' da súa utilización 'na loita partidaria'.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
GRAVEDAD DE LAS LESIONES
Muere la mujer apuñalada en A Coruña por su compañero de piso, que también provocó un incendio
3.000€ POR BENEFICIARIO
Las ayudas de la Xunta para mejorar la imagen de las viviendas se podrán solicitar en enero
Lo último