CONSULTA EL PROGRAMA COMPLETO
Vigo afronta este sábado el gran desfile del Día de las Fuerzas Armadas tras una espectacular jornada naval en la ría
MANIFESTACIÓN
Miles de persoas participaron na tradicional manifestación do 17 de maio con motivo do Día das Letras Galegas e piden “reverter” a situación de “emerxencia lingüsítica” que sofre o galego. A marcha, convocada pola plataforma Queremos Galego e encabezada por unha pancarta baixo o lena “Lingua vital xa!, paremos a emerxencia lingüística”, arrincou sobre as 12.10 horas da Alameda de Santiago e este ano, cunha nova ruta, finalizou no Obradoiro.
Antes da saída, o portavoz de Queremos Galego, Marcos Maceira, asegurou que esta xornada “será histórica e decisiva”. “Non nos resignamos á expulsión do galego da maior parte dos ámbitos da vida social”, remarcou. Ademais, anunciou que o inicio do proceso Lingua Vital, para “tomar as rendas do galego”, será “plural participativo e aberto”, onde as entidades sociais galegas que “foron exluídas do proceso da Xunta” decidirán cales son as cousas que fan falta en cada un dos ámbitos.
Durante o percorrido, este ano cun novo itinerario que pasou pola avenida de Figueroa, San Clemente, a travesa de Fonseca e O Franco até chegar ao Obradoiro, os manifestantes entoaron os cánticos principais desta xornada: “Na Galiza, en galego” e “Galiza ten futuro en galego”.
Cando os manifestantes chegaron á praza do Obradoiro, que nesta xornada foi o escenario dunha “gran foliada” ao ritmo festivo das gaitas e as pandereitas, Maceira e a coordinadora da plataforma, Celia Armas, leron un manifesto, que comezou lembrando a figura das cantareiras e pandereiteiras, homenaxeadas este ano.
“É posible reverter a situación do galego. Se a Xunta quixese podería ir implementando medidas para recuperar falantes”, apuntou Armas, á vez que subliñou que, os participantes nesta marcha, están “orgullosos desta lingua milenaria” e que piden “ter os mesmos dereitos que calquera outro falante doutra lingua”. “Resignar á situación de emerxencia lingüística extrema á que chegamos, á expulsión do galego de todos os ámbitos da vida social e á vulneración sistemática dos nosos dereitos lingüísticos”, afianzou Maceira ante unha praza do Obradoiro na que tamén se escoitaron berros de “Altri Non”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CONSULTA EL PROGRAMA COMPLETO
Vigo afronta este sábado el gran desfile del Día de las Fuerzas Armadas tras una espectacular jornada naval en la ría
OPERACIÓN POLICIAL
Detienen en Portugal al exdirigente socialista coruñés Emilio Vázquez
Avenida de Ramón Nieto
Muere un repartidor tras sufrir una parada cardiorrespiratoria en Vigo
80 PARQUES EÓLICOS PARALIZADOS
El Tribunal Supremo abre la puerta al desbloqueo de los éolicos
Lo último