Unha xestión da auga adaptada á realidade social e territorial galega

APOIO AMBIENTAL

A Xunta, a través de Augas de Galicia, vén prestando desde hai anos un apoio estratéxico e sostido aos concellos

Publicado: 31 jul 2025 - 12:00 Actualizado: 01 ago 2025 - 12:31
Un dos obxectivos é a protección ambiental da auga en Galicia.
Un dos obxectivos é a protección ambiental da auga en Galicia. | La Región

A xestión do abastecemento e do saneamento da auga en Galicia constitúe unha competencia municipal segundo establece a lexislación básica estatal. Porén, a realidade técnica e económica de moitos concellos, especialmente os máis pequenos ou con poboacións dispersas, impide que poidan afrontar con autonomía os retos crecentes neste eido, tanto en materia de infraestruturas hídricas, eficiencia, calidade da auga e cumprimento das esixencias normativas europeas e estatais.

Conscientes desta situación, a Xunta, a través de Augas de Galicia, vén prestando desde hai anos un apoio estratéxico e sostido aos concellos. Tradicionalmente, este apoio centrábase na execución e financiamento de actuacións de gran envergadura que posteriormente eran entregadas aos municipios para a súa xestión. Porén, as necesidades do territorio fixeron evidente que tamén era urxente actuar en proxectos de menor escala, moitas veces máis rendibles en termos de custo-beneficio, e que solucionan problemáticas recorrentes como as perdas nas redes, as infiltracións ou os déficits de capacidade en puntos concretos das infraestruturas.

Presentación das actuacións en Salvaterra de Miño.
Presentación das actuacións en Salvaterra de Miño. | La Región

Así nace o enfoque actual, que complementa os grandes proxectos estruturais con accións puntuais pero moi eficaces, combinando o financiamento de auditorías, plans de mellora e pequenas obras en rede que permiten actuar de xeito áxil, eficaz e con impacto inmediato.

No ano 2025, esta estratexia de apoio intensificouse coa posta en marcha de 8 liñas de subvencións cun orzamento global inicial de 7,5 millóns de euros. Estas axudas foron dirixidas fundamentalmente aos concellos, comunidades de usuarios e outras entidades locais, e contemplan tanto subvencións de concorrencia competitiva como non competitiva.

Grandes actuacións

En paralelo, a Xunta mantén e reforza o seu compromiso co desenvolvemento das grandes actuacións estruturais, necesarias para garantir a sustentabilidade do ciclo da auga a medio e longo prazo. Isto inclúe desde a modernización das redes de abastecemento, a ampliación da capacidade das estacións de tratamento de auga potable (ETAP), o desenvolvemento das redes de saneamento municipal, a mellora da depuración nas EDAR e a protección das rías e dos ecosistemas acuáticos, ata o impulso dun rural máis resiliente en materia hídrica.

A auga é un recurso esencial e estratéxico, e a súa correcta xestión resulta clave para a saúde pública, a sustentabilidade ambiental e o desenvolvemento económico

A auga é un recurso esencial e estratéxico, e a súa correcta xestión resulta clave tanto para a saúde pública como para a sustentabilidade ambiental e o desenvolvemento económico. Galicia, cun territorio caracterizado pola dispersión poboacional (con máis de 30.000 núcleos de poboación), a complexidade orográfica e unha elevada dependencia dos recursos hídricos, afronta importantes retos en materia de abastecemento e saneamento.

Presentación do plan para a Ría de Ferrol.
Presentación do plan para a Ría de Ferrol. | Xunta de Galicia

Neste contexto, a Xunta, a través de Augas de Galicia, vén intensificando o seu compromiso coa mellora das infraestruturas hidráulicas municipais, especialmente naqueles concellos con máis dificultades técnicas e orzamentarias.

O ano 2025 marca un salto cualitativo e cuantitativo nesta estratexia de apoio aos concellos e un punto de inflexión na política hidráulica galega, con máis de 70 millóns de euros mobilizados. Por unha banda, mantéñense e amplíanse os investimentos en grandes actuacións estruturais, como redes de abastecemento, plantas potabilizadoras, sistemas de depuración ou obras en zonas rurais. Por outra, introdúcese con forza unha nova liña de traballo baseada na execución de pequenas accións de alto impacto local, unha “choiva fina” que permite resolver de xeito áxil problemas concretos como perdas nas redes, infiltracións ou deficiencias técnicas, optimizando o uso dos recursos públicos e mellorando a eficiencia do sistema.

En definitiva, trátase dun compromiso claro coa calidade de vida, a sustentabilidade ambiental e a seguridade no acceso á auga para todos os galegos e galegas.

Proxectos da Xunta de Galicia
Proxectos da Xunta de Galicia | Xunta de Galicia

Para iso, por unha banda, manteñen o seu apoio ós concellos cunha choiva fina de actuacións que manteñen na súa estratexia xeral o apoio integral desde auditorías ata pequenas obras locais, servir de complemento á planificación tradicional de medio prazo e traballan co obxectivo da eficiencia hídrica, a sustentabilidade ambiental e a adaptación ao cambio climático. Por outra, contribúen ó desenvolvemento de actuacións de grande envergadura que permitan garantir a eficiente xestión do ciclo da auga.

Deste xeito, a Xunta, a través de Augas de Galicia, consolida o seu apoio estratéxico e sostido no tempo ás entidades locais, complementando na actualidade os tradicionais proxectos de envergadura e de carácter estrutural con outro tipo de accións, directas ou indirectas, puntuais e moi eficaces.

Nesa estratexia global, o ano 2025 está marcando un punto de inflexión na política hidráulica galega, tanto a través de pequenas actuacións que multiplican a eficiencia local como mediante grandes proxectos que transforman a infraestrutura hídrica galega de maneira integral.

ACTUACIÓNS DE GRAN ENVERGADURA

Mellora das redes de abastecemento

- Orzamento anual: 7,6 millóns de euros

- Obxectivo: reducir perdas e mellorar subministración en zonas con altas demandas

- Actuacións destacadas: Rede xeral Ribadeo–Trabada (8,5 millóns en varias anualidades), abastecemento de Vilamarín (500.000 euros), obras en execución en Pantón, Arbo, Betanzos e Noia (6,2 millóns)

Mellora de ETAPs e novos depósitos de almacenamento

- Orzamento anual: 11,6 millóns de euros

- Obxectivo: aumentar capacidade de tratamento e resposta ante picos de consumo

- Actuacións destacadas: ETAP de Padrón (10,5 millóns), Depósitos e rede de Ares (3,2 millóns), depósitos en Poio (3,1 millóns), potabilizadoras de Cervo–Burela (0,4 millóns), previstas melloras en ETAPs do Salnés e Baiona

Mellora e desenvolvemento das redes de saneamento

- Orzamento anual: 19,2 millóns de euros

- Obxectivo: completar redes municipais, substituír tubaxes antigas e ampliar cobertura.

- Actuacións destacadas: redes de saneamento de Padrón e Poio; optimización de colectores en Cambados, Vilanova, Ribadumia, Vilagarcía, Lalín, Cee–Corcubión, Cabanas, Porto do Son

Depuración e mellora da calidade dos vertidos

- Orzamento anual: 15,9 millóns de euros

- Obxectivo: modernizar EDARs, reducir impacto nos ríos e rías e fomentar reutilización

- Actuacións destacadas: Depuradoras municipais de Foz (13 millóns), Sada (9 millóns), Cambados (4 millóns), Noia (3 millóns). Novas actuacións en Barro (2,7 millóns), Vilagarcía de Arousa (23 millóns a punto de licitar). Sistemas de recollida de foxas nas EDARs para comunidades de usuarios

Actuacións para un rural sostible

- Orzamento anual: 8,8 millóns

- Obxectivo: mellorar abastecemento e saneamento en zonas rurais e dispersas

- Actuacións destacadas en execución: Lousame (0,9 millóns), Torrevella (Cerdedo) (0,6 millóns), Salvaterra do Miño (2,2 millóns), Triacastela (ampliación EDAR) (0,6 millóns), Mesón do Vento (Ordes) (0,7 millóns). Convenio con Oroso (A Garabanxa) (0,7 millóns)

- Outras actuacións destacadas previstas: Rebordechán (Crecente) (0,9 millóns), Beo (Malpica) (1 millón), Pantón (0,4 millóns). Novas EDARs en Sorribas (Rois) (0,3 millóns), Laias (Cenlle) (0,7 millóns). Saneamento no rural de Ferrol (4,3 millóns)

Unha das actuacións contempla a mellora do abastecemento en Vilamarín.
Unha das actuacións contempla a mellora do abastecemento en Vilamarín. | Xunta de Galicia

actuacións de APOIO AOS CONCELLOS

A estratexia xeral de Augas de Galicia neste sentido pasa por ofrecerlle un apoio integral aos concellos colaborando con eles con medidas que van desde auditorías ata pequenas obras locais. Deste xeito, convértense nun complemento á planificación tradicional de medio prazo co obxectivo de avanzar en eficiencia hídrica, sustentabilidade ambiental e adaptación ao cambio climático.

Convocatorias de subvencións:

Total de convocatorias: 8 ordes de axudas

Orzamento inicial: 7,5 millóns de euros

Orzamento concedido: 7,23 millóns de euros

Beneficiarios principais das subvencións: concellos con 6,4 millóns de euros e comunidades de usuarios e entidades locais con 0,5 millóns de euros

Dúas decisións clave en 2025:

En primeiro lugar, adoptouse a ampliación de crédito para auditorías, pasando dun orzamento inicial para ambas ordes de 0,7 millóns de euros a 1,4 millóns de euros. Neste sentido, concedéronse 106 axudas para facer auditorías, cunha cobertura do 100% no caso da liña abastecemento e 90% na de saneamento.

A segunda decisión clave foi a de financiar pequenas obras con fondos MRR, mobilizando 5,7 millóns de euros para 135 obras urxentes en tramitación (para solucionar fugas, perdas e infiltracións as redes municipais).

Detalle das 5 liñas de axuda principais e con máis éxito:

1. Comunidades de usuarios (abastecemento), con data de publicación do 21 de xullo:

- Crédito: 500.000 euros

- Subvención: 80% (máximo 15.000 euros)

- Concedidas: 41 subvencións

- 13 a entidades de menos de 50 usuarios

- 28 a entidades de máis 50 usuarios

2. Auditorías de abastecemento concellos, con data de publicación do 30 de xuño:

- Crédito inicial: 200.000 euros

- Ampliado: 573.000 euros (270%)

- Subvención: 80% (máx. 15.000 euros)

- Solicitudes atendidas: 46

3. Auditorías de saneamento para os concellos, con data de publicación do 7 de xullo:

- Crédito inicial: 500.000 euros

- Ampliado: 853.000 euros (170%)

- Subvención: 80% (máximo 15.000 euros)

- Solicitudes atendidas: 60

4. Obras para reducir perdas (abastecemento) nos concellos

- Crédito: 1 millón de euros (2025) + 1,5 millóns de euros (2026)

- Subvención: 100% (máx. 45.000 € sen IVE)

- Concedidas: 63 pechadas + 9 pendentes

- Prevista ampliación: 650.000 euros (15 solicitudes)

- Solicitudes totais: 120 (queda demanda por 2,4 millóns de euros)

5. Obras para reducir infiltracións (saneamento) concellos

- Crédito: 1 millón de euros (2025) + 1,5 millóns de euros (2026)

- Subvención: 100% (máx. 45.000 euros sen IVE)

- Concedidas: 60 concellos

- 41 concesións pechadas

- 19 pendentes de emendas

Contenido patrocinado

stats