OPOSICIONES 2026 EN GALICIA
Galicia oferta 1.601 plazas de oposiciones en Educación para 2026
A rede comercial da compañía galega de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski rende homenaxe a Luísa Villalta, autora homenaxeada nas Letras Galegas deste 2024. Faino achegando a través dos 250 que dispoñe en Galicia a obra desta escritora coruñesa a través de 550 carteis conmemorativos deseñados por alumnos do CEIP Raquel Camacho da cidade herculina e cunha tirada especial adicada á escritora de 21.000 bolsas de papel dispoñibles nos establecementos de A Coruña e 1.500.000 bolsas de plástico nas ensinas Eroski e Autoservicios Familia de toda Galicia.
O supermercado Eroski Center de Mesoiro, en A Coruña, foi o establecemento escollido para levar a cabo na xornada do mércores unha pegada simbólica de carteis coa que a compañía da comezo a súa xa tradicional campaña das Letras Galegas, froito do seu compromiso coa identidade galega da man da Xunta de Galicia. O evento contou coa participación do secretario xeral da Lingua da Xunta de Galicia, Valentín García; da irmá da homenaxeada, Susana Villalta; da académica de número da RAG, María Dolores Sánchez, por parte de Vegalsa-Eroski, do director de hipermercados, supermercados e gasolineiras Eroski, Florentino Vázquez; da directora de Sostibilidade e Comunicación Corporativa, Gabriela González; do director de Márketing, Julián Hernández, ademais da xefa da tenda, Belén Vidal e da xefa de zona, Manuela Presas.
Durante este mes de maio as bolsas da compra a disposición dos clientes lembrarán a esta escritora coa frase “Tes medo do abismo? Abre as ás e voa”. A través dela búscase transmitir a importancia de voar por un mesmo, ilustrada a través dun libro aberto con ás que inclúe a súa vez un violín como referencia ao instrumento que sempre acompañou a esta autora durante a súa traxectoria.
Este ano ademais, como novidade durante o mes de maio estase a levar sorteos semanais nos perfís de Instagram e Facebook da compañía. Cada semana, sortéase unha cesta de produtos galegos valorada en 80 euros por compras superiores a 10 euros en establecementos Eroski e Autoservicios Familia de Galicia, Asturias y Castilla y León.
A aposta de Vegalsa-Eroski por potenciar os valores propios da identidade galega reflíctese no seu cadro de persoal, conformado por 7.354 traballadores, 6.526 en Galicia, e na súa firme aposta polos provedores galegos.
A aposta polo galego tamén se reflicte nas súas tendas, incluíndo o galego nos rótulos, na súa comunicación comercial e na súa marca propia, rotulada nos catro idiomas oficiais de España. Sen esquecer o seu apoio a iniciativas que contribúen á súa conmemoración e posta en valor como o Día das Letras Galegas. Ademais, a compañía repite apoio un ano máis aos festivais galegos como son Morriña Fest (Culleredo), o Caudal Fest (Lugo) ou o Resurrection Fest (Viveiro) ou accións como a iniciativa de intercambio artístico “Camiño Escena Norte”, entre outras.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
OPOSICIONES 2026 EN GALICIA
Galicia oferta 1.601 plazas de oposiciones en Educación para 2026
ACCIDENTE LABORAL MORTAL
Muere un hombre por una posible intoxicación de monóxido de carbono al revisar un generador
GALICIA CALIDADE
Rueda anima a las empresas a lograr un Xacobeo "histórico"
Lo último