RESCATE EN LA PLAYA
Yolanda y Miguel, dos héroes anónimos que jugaban a vóley en Vigo
CONSELLO DA CULTURA GALEGA
A catedrática Dolores Vilavedra, recentemente elixida presidenta do Consello da Cultura Galega (CCG), tomou posesión do seu cargo onte nun acto que tivo lugar na sede da institución en Santiago e que contou cunha ampla representación do ámbito político, institucional, académico e cultural. “Combateremos a desinformación e a banalidade coas ferramentas da razón, a investigación e a creatividade”, declarou.
“Queremos que o Consello sexa unha caixa de resonancia das grandes voces da cultura contemporánea galegas e non galegas. Será unha prioridade deste equipo facer visible o compromiso desta institución coa sabedoría, a capacidade de análise e reflexión co espírito crítico e co valor do coñecemento científico”, aseverou a nova presidenta.
Durante a súa intervención, situou a produción dun coñecemento “transversal e interdisciplinar” no centro da misión da institución e apelou a “continuar a manter a diversidade disciplicar apostando ao mesmo tiempor pola divulgación e pola excelencia”. Así mesmo, asegurou sentirse “abrumada” pola “honra que supón suceder na presidencia a figuras tan destacadas como Ramón Piñeiro, Figueira Valverde, Carlos Casares, Ramón Villares ou Rosario Álvarez”, pois “deixaron moi elevado o nivel de esixencia e excelencia que leva aparellado asumir este cargo”. Tamén recoñeceu a importancia social de converterse na segunda muller en presidir a institución.
Pola súa banda, a presidenta saínte, Rosario Álvarez, definiu o seu mandato como “colaborativo, participativo e non presidencialista” e despediuse “con satisfacción polo traballo feito, con gratitude e con moitísima esperanza”. Entre os asistentes no acto, atopábase o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, quen agradeceu á presidenta saínte pola “súa lealdade, amabilidade e por estar sempre disposta a escoitar desde a responsabilidade”, así mesmo, recoñeceu “o seu legado”. Tamén tivo palabras para a nova presidenta e asegurou que “o seu éxito será o éxito dos galegos”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
RESCATE EN LA PLAYA
Yolanda y Miguel, dos héroes anónimos que jugaban a vóley en Vigo
ALARMA DE UN PARTICULAR
Trasladadas dos personas tras un incendio en la cocina de una vivienda en Ribadeo
ENTRE 2017 Y 2025
Indemnizaciones por casi 730.000 euros en los incendios en Galicia
Aprovechamiento del agua
Gráficos | Radiografía de los embalses en Galicia, ¿una solución ante la sequía?
Lo último