DÚAS DÉCADAS
A ciberseguridade centra Galiciencia
28,7 MILLÓNS
A Xunta de Galicia está a afianzar a súa aposta polo desenvolvemento rural coa maior convocatoria da historia das axudas Leader, dotada cun orzamento de 28,7 millóns de euros para o período 2026-2028. Este reparto en tres anualidades permitirá aos xestores dos proxectos desenvolver a súa idea con maior marxe de tempo. Estes fondos forman parte do orzamento total da intervención Leader no marco do Plan Estratéxico da PAC 2023-2027 (Pepac), que ascende a 56,9 millóns de euros para todo o período.
A Consellería do Medio Rural publicou a convocatoria no Diario Oficial de Galicia a comezos de febreiro e o prazo para presentar as solicitudes estará aberto durante dous meses, ata o 6 de abril. As persoas que poden ser beneficiarias destas axudas son as entidades públicas de carácter local ou comarcal, as persoas físicas e xurídicas e tamén as comunidades de montes en man común e as súas mancomunidades. Fináncianse iniciativas que supoñan a posta en marcha de proxectos produtivos xeradores de emprego e autoemprego, e non produtivos que beneficien á poboación rural.
No eido das iniciativas produtivas, destacan a creación, ampliación e modernización de Pemes, en eidos como poden ser o turismo, empresas prestadoras de servizos, industria, etcétera. Así, apóianse desde pequenos proxectos de transformación e comercialización de produtos agrarios ata establecementos de turismo rural ou restaurantes, pequenas industrias, talleres, perruquerías ou tendas de ámbito local. As axudas do programa Leader poden acadar unha contía máxima de 200.000 euros. No asesoramento e selección dos proxectos interveñen os Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR), como se explica ao final desta información.
Ademais, por segundo ano ponse a disposición dos galegos o Bono Activa Rural. Esta subvención baséase nun importe de axuda a tanto global destinada á creación e posta en marcha de actividades non agrarias nestas contornas.
Este apoio en concreto non está vinculado á xustificación de ningún gasto ou investimento, senón que se vincula ao mantemento da actividade e ao cumprimento do plan empresarial presentado pola persoa beneficiaria durante polo menos cinco anos. Esta planificación deberá demostrar a viabilidade económica e técnica da empresa, apoiándose para iso nas condicións de mercado. Os proxectos que se beneficien desta modalidade de axuda concorren cos demais proxectos de natureza produtiva que se presentan ao abeiro das diferentes convocatorias.
No tocante ó Bono Activa Rural, as persoas beneficiarias desta tipoloxía de proxectos son as persoas físicas que se dean de alta no réxime de traballadores autónomos e xeren unha actividade empresarial a título individual na que polo menos creen o seu posto de traballo. A axuda concedida poderá acadar ata un máximo de 18.000 euros.
Esta é a segunda convocatoria de axudas enmarcada no Pepac. A primeira foi no ano 2025 e contou cun investimento de 12,6 millóns de euros, que permitiu apoiar 346 proxectos, que suporán a creación de 175 postos de traballo -deles, 18 corresponden ao Bono Activa Rural- e a consolidación doutros 755 empregos.
Previamente, mentres Leader estivo incluída no Programa de Desenvolvemento Rural, mobilizáronse 80,8 millóns de euros para operacións a terceiros desde 2017 e puideron apoiarse 1.694 proxectos, creáronse 1.113 postos de traballo e consolidáronse 4.055 empregos.
Leader é unha metodoloxía de desenvolvemento local que leva 30 anos empregándose para facer partícipes aos actores locais no deseño e na posta en marcha das estratexias de dinamización rural. O elemento fundamental deste proceso é que se trata de procedementos de abaixo cara arriba. Esta característica fai que as estratexias ou programas específicos do desenvolvemento rural sexan definidas no propio territorio e que as decisións sobre as liñas de axudas e dos proxectos que se financian sexan tomadas tamén neste ámbito logo de realizar un amplo proceso participativo, por partenariados de axentes públicos e privados.
Actualmente hai constituídos en Galicia 24 Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR). Son entidades sen ánimo de lucro conformadas por socios públicos e privados que seleccionan os proxectos axeitados para levar a cabo a súa estratexia de desenvolvemento.
Polo tanto, estes GDR implican unha formación multisectorial, tanto na dimensión económica, non só do sector primario, como no resto de dimensións sociais; equipamentos, servizos e dotacións públicas, defensa dos valores patrimoniais e medioambientais, relacións sociais, traballo en rede... Os proxectos impulsados polos GDR poden ser tanto de natureza produtiva, orientados á xeración de emprego e riqueza, ou non produtivos, que perseguen a dotación de servizos e equipamentos. Neste sentido, os GDR son entidades dinamizadoras claves no medio rural no eido das políticas de fixación da poboación e na loita contra o abandono.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DÚAS DÉCADAS
A ciberseguridade centra Galiciencia
CONTABILIDAD TRIMESTRAL
La economía gallega creció un 2,6%, más de lo esperado
San Salvador de Budiño
Muere al caerle encima un árbol que estaba talando en O Porriño
Lo último
Jorge Ron
LA OPINIÓN
Deciden los que saben
"OPTIMIZACIÓN DE RECURSOS"
El Gobierno deja en vía muerta hasta 60 kilómetros de la A-56 Ourense-Lugo
TURISMO GALLEGO
Vilamartín da más seguridad al tramo del Camino de Santiago