OPOSICIONES 2026 EN GALICIA
Galicia oferta 1.601 plazas de oposiciones en Educación para 2026
REPARACIÓN DE DANOS
A Xunta de Galicia activou un paquete de axudas directas para as persoas, empresas e entidades afectadas polos incendios forestais deste verán. A iniciativa, enmarcada no Decreto 76/2025, busca reparar os danos persoais e materiais, e entrou en vigor o 30 de agosto, despois de ser aprobado nun Consello extraordinario da Xunta celebrado en Ourense.
O decreto inclúe convocatorias específicas para diferentes sectores, como é o caso das impulsadas dende a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, que ofrecen compensacións para as persoas que sufriron máis directamente esta vaga de lumes. Neste caso, rexistráronse un total de 72 solicitudes para a reconstrución de vivendas afectadas polos incendios. É o concello de Vilamarín de Valdeorras o que maior número de solicitudes recolleu, cun total de 41. O listado complétase con 1 presentada na Rúa, 1 en Beade, 2 en Carballeda de Avia, 1 en Castrelo do Val, 3 en Cualedro, 2 en Larouco, 11 en Monterrei, 9 en Petín e 1 en Xinzo de Limia.
Delas, dúas foron concedidas tan só unha semana despois da posta en marcha da iniciativa por un importe máximo que xa foi transferido á conta dos beneficiarios.
Co obxectivo de ofrecer información directa e próxima, a Xunta habilitou 16 oficinas habilitadas nas zonas afectadas para asesorar aos afectados e axudalos a tramitar as súas solicitudes de axudas.
Neste sentido, as achegas da Xunta poden chegar a case os 150.000 euros para as vivendas principais, con 16.200 euros para o enxoval, que se engaden aos 132.000 euros para as reformas de vivendas. Para as segundas vivendas, as achegas son de ata 66.000 euros e 5.400 euros para o enxoval. As contías dan mostra do compromiso da Xunta de avaliar e resolver calquera problema o máis rápido posible, para que todos poidan comezar a reconstruír as súas vivendas canto antes.
Ante esta situación, o goberno de Galicia tamén cubrirá o 100% do alugueiro temporal, se fose necesario, e achegará ata 600 euros máis para cubrir os gastos de aloxamento temporal, transporte ou traslado. Ademais, os afectados poderán recibir o importe total das axudas por adiantado, o que lles permitirá axilizar as obras de reforma da vivenda.
En canto á documentación a presentar, os afectados teñen que acreditar a titularidade da vivenda, o seu uso como residencia permanente ou temporal e o seguro. Tamén deben presentar un informe técnico que avalíe os danos e o custo da reforma. Este documento poderá ser elaborado pola Xunta se o solicita a parte afectada.
As axudas son de concesión directa, o que permite unha tramitación de emerxencia e a posibilidade de anticipos de ata o 100% do importe sen necesidade de garantías. Isto facilita unha resposta rápida para paliar a situación de urxencia. Ademais, teñen un carácter subsidiario con respecto ás pólizas de seguros, pero son compatibles e complementarias a calquera outra cobertura, sempre que non superen o importe total do dano.
Leopoldo Nogueiras foi unha das persoas que viron arder a súa casa a medida que avanzaban as lampas. Da aldea de San Vicente, de Vilamartín de Valdeorras, tivo que fuxir sen botar a vista atrás. “Foi o peor, cando vexo que o lume se achega a min e á casa e que teño que saír pitando… Foi unha desfeita grandísima”.
Foi un sábado á tarde cando presentiu que o incendio se aproximaba e decidiu “sacar á miña muller e a miña filla fóra do pobo porque xa me parecía que ía entrar o lume”. El volveu para tratar de salvar algo da súa propiedade, pero “xa vin que tiña o lume por riba e tiven que marchar”. Naquel momento foise para onda un irmán que vive no Barco de Valdeorras. “Estiven alí tres días e cando regresei o luns vin toda a casa queimada, totalmente, sen nada máis que mirar que as paredes limpiñas”.
A súa foi unha das vivendas coas que acabou un lume que “arrasou unha salvajada”. Ós seus 76 anos, Leopoldo Nogueiras nunca vira algo semellante. “Non acordo nada así, nin que se parecera nesta zona, nin o recordo eu nin lembro que o contaran os máis antigos”, explica.
Estes lumes sen precedentes que lle afectaron con especial voracidade á comarca de Valdeorras non deixaron máis que as paredes da casa de Leopoldo, “todo cando había na casa alí quedou, desapareceu, eu e a miña muller quedamos co que tiñamos posto, nada máis”. Tamén as lembranzas da súa filla, “que vive en Madrid e salvou o que ten alí, pero todo o demais ardeu”. É imposible para Leopoldo Nogueiras facer memoria dunha vida de cousas arrasadas polo lume, “voume acordando delas” a medida que avanzan os días.
Hoxe, o matrimonio vive nunha casa próxima que “estaba medio en venta, os donos viven no Barco, chegamos a un acordo e estamos vivindo nela”. Nesta situación chégalles unha das axudas da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, cifrada nuns 132.000 euros. “Válenos para ir tirando, nós alí xa non imos reconstruír nada, estamos mirando a posibilidade de quedar coa casa na que estamos agora”, conta Leopoldo. Para el “todo fai boa falta”, aínda que “a casa marcho e sempre podemos conseguir outra, pero os recordos… Iso xa nunca máis o podo recuperar”. O veciño de Valdeorras fala de fotos, libros, apuntes “que tiña e que tamén perdín… Moitas cousas”.
A iso hai que sumarlle tamén “unhas galiñas que quedaron achicharradas, coitadas”, se ben puido salvar “uns coelliños que polo menos sérvenlle á miña muller para entreteñerse un pouquiño”. Porque o ánimo aínda o teñen bastante tocado. “Cómpre tempo para ilo asimilando, voume lembrando de tódalas cousas que perdemos… A cabeza segue dándolle voltas”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
OPOSICIONES 2026 EN GALICIA
Galicia oferta 1.601 plazas de oposiciones en Educación para 2026
ACCIDENTE LABORAL MORTAL
Muere un hombre por una posible intoxicación de monóxido de carbono al revisar un generador
GALICIA CALIDADE
Rueda anima a las empresas a lograr un Xacobeo "histórico"
Lo último