A Xunta denuncia ó Goberno Central por non informarlle da AP-9
CONSELLO DA XUNTA
Reclama a documentación remitida á Comisión Europea sobre o ditame das prórrogas da concesión da AP-9
O Consello da Xunta autorizou este luns a interposición dun recurso contencioso-administrativo co obxectivo de obter a información remitida polo Goberno de España á Comisión Europea en relación co ditame sobre as prórrogas da concesión da AP-9.
A decisión prodúcese despois de que o Executivo autonómico “recibise a resolución denegatoria do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable respecto do requirimento efectuado pola Xunta o pasado mes de xaneiro para que se facilitase a documentación, tras tres meses sen resposta desde a solicitude formulada para eses efectos”, di o goberno galego.
“A comezos deste mesmo mes de febreiro deuse conta no Consello da Xunta do informe relativo ao citado requirimento formulado ao Goberno estatal para coñecer a resposta remitida polo Ministerio á Comisión Europea en relación co ditame motivado, polo que esta solicitaba a España que se respectasen as normas comunitarias en materia de contratación, referíndose en particular á prórroga da concesión da AP-9”, engade. Nese informe advertíase expresamente de que, de non obter contestación no prazo dun mes, a Xunta emprendería accións xudiciais, decisión que se acordou onte.
Así, a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas solicitara a finais de setembro de 2025 o acceso á información trasladada polo Estado a Bruxelas no marco do citado ditame, segundo informa o goberno galego nun comunicado. Transcorrido o prazo legal sen resposta, e efectuado o requirimento previo á vía xudicial, o Goberno central respondeu a este negativamente.
O Executivo galego, subliña o texto, chama a atención a respecto da enorme transcendencia deste asunto, “tendo en conta que a Comisión Europea advertiu da posibilidade de levar España ante o Tribunal de Xustiza da Unión Europea se non adopta as medidas oportunas”. Por iso, a Xunta “considera imprescindible coñecer con detalle a posición defendida polo Estado nunha cuestión que afecta directamente os intereses de Galicia”.
O Goberno galego insiste en que a solución na AP-9 “pasa polo rescate e a transferencia da xestión da autoestrada”.
A Xunta elaborou os cálculos sobre o custo do rescate en relación coa permanencia da prórroga ata 2048, que plasmou nun estudo en 2024 que estimaba inicialmente a cifra en 2.331 millóns de euros, equiparables ao que suporía atender a política de bonificacións desenvolvida polo Goberno estatal ata esa data. Esta cifra foi actualizada en agosto de 2025, elevándose ata os 2.356 millóns, unha nova estimación en que destaca o incremento en 65 millóns do lucro cesante da concesionaria.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MÁS DE UN MILLÓN DE COTIZANTES
Galicia alcanza "el mejor mes de abril de toda la serie histórica" de afiliaciones y paro
APERENTEMENTE SIN VIOLENCIA
Hallan muerta a la cantante viguesa Seila Esencia a los 39 años tras dos semanas desaparecida
INFORME DE LA AIREF
El PIB crece un 2,3% en el primer trimestre en Galicia, menos que en España
Lo último