CONSULTA EL PROGRAMA COMPLETO
Vigo afronta este sábado el gran desfile del Día de las Fuerzas Armadas tras una espectacular jornada naval en la ría
Plan de simplificación dos trámites de dependencia e discapacidade
A Xunta márcase como obxectivo no ámbito da dependencia chegar ás 90.000 persoas con servizo ou prestación este mesmo ano. Na actualidade, Galicia supera as 84.000 persoas atendidas, o que representa unha suba do 12 % nos últimos doce meses, a máis elevada no conxunto de España, e sitúa a ratio de cobertura na nosa comunidade no 98,6%.
Estes datos expuxéronse no Consello da Xunta desta mañá, no cal se deu conta dun novo informe de seguimento do Plan de axilización e simplificación dos trámites de dependencia e discapacidade que se está a desenvolver desde o pasado mes de xaneiro. Nos primeiro semestre do ano resolvéronse favorablemente 42.559 expedientes, un 95 % máis que no mesmo período do 2024. En concreto, o informe indica que en dependencia hai 12.557 novas persoas atendidas, un 65 % máis, e en discapacidade emitíronse 30.002 resolucións favorables, é dicir, un 110 % máis.
No capítulo de persoal, creáronse tres novas unidades de valoración nas comarcas do Barbanza, na do Eume e na de Bergantiños. Así mesmo, desde o pasado mes de febreiro contratáronse once profesionais na área de dependencia dos departamentos territoriais e fortaleceuse a unidade de contratación da dependencia dos servizos centrais coa incorporación de catro técnicos no servizo de emerxencias sociais.
O Plan tamén afondou neste semestre noutras melloras. Así, ampliouse o sistema de citación automatizado a través de mensaxes no móbil a concellos que superan os 10.000 habitantes. Este modelo aplicouse primeiro para ás sete grandes cidades e despois estendeuse a concellos de 20.000 habitantes.
Tamén se seguiu coa formación continua do persoal dos servizos de dependencia e discapacidade nos departamentos territoriais, así como do persoal sanitario das residencias públicas, e mantense o plan de produtividade con incentivos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CONSULTA EL PROGRAMA COMPLETO
Vigo afronta este sábado el gran desfile del Día de las Fuerzas Armadas tras una espectacular jornada naval en la ría
OPERACIÓN POLICIAL
Detienen en Portugal al exdirigente socialista coruñés Emilio Vázquez
Avenida de Ramón Nieto
Muere un repartidor tras sufrir una parada cardiorrespiratoria en Vigo
80 PARQUES EÓLICOS PARALIZADOS
El Tribunal Supremo abre la puerta al desbloqueo de los éolicos
Lo último