A Xunta planea ter lista para o verán a nova lei do clima
PREDICIÓNS METEOROLÓXICAS
Meteogalicia estrea dúas ferramentas na súa páxina web e como aplicación, “Visor” e “Clima”
A directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, Paula Uría, confirmou nun acto celebrado onte en Santiago de Compostela que a Xunta xa tramita a lei do clima, coa que pretende asumir as competencias para enviar alertas meteorolóxicas, e que a terá lista no verán.
A finalidade deste precepto é abarcar cuestións como o servizo meteorolóxico e climático de Galicia, sobre os que a Xunta pretende lexislar. Ademais, segundo afirmou Paula Uría, esta disposición “dotará de maior seguridade xurídica aos servizos que se realizan” desde Meteogalicia.
Deste xeito, o Goberno galego quere tramitar a mediados deste 2025 esta lei do clima, coa que abriría co Executivo unha desputa polas competencias meteorolóxicas e na que “está a traballar” coa intención de “tela lista de cara ao verán”.
"Melloras e transparencia"
Doutra banda, Paula Uría explicou tamén que Meteogalicia estreou a mañá de onte ferramentas para “mellorar” a súa actividade e achegar “transparencia”; pór a disposición da cidadanía os “120 millóns de datos” que, desde o organismo público aseguraron, son recollidos cada ano desde o 2000, data na que iniciou a recompilación dixital.
As innovacións son dúas novas pestanas na parte superior da web: a de “Visor” e a de “Clima”, que se agregarán tamén á aplicación móbil, pero máis adiante, non hai aínda unha data confirmada.
Na mesma liña, a directora xeral comunicou que Meteogalicia e a Xunta están a introducir “avances con IA para mellorar as predicións meteorolóxicas”, e que isto “se verá reflectido nos contidos da páxina web”.
Os modelos habilitan aos meteorólogos a establecer os prognósticos climatolóxicos. A ferramenta de “Visor” permite observalos dunha forma máis áxil e moderna que a que anterior, que estaba formada por imaxes fixas.
Coa nova fórmula poden seleccionarse distintas variables, agrupadas en catro grupos (predición, observación, calidade do aire e modelos numéricos) que se mostran no mapa de forma interactiva a 96 hora vista e cos días dividos en tres franxas horarias: mañá, tarde e noite.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
"VULNERADA LA IMPARCIALIDAD"
La nueva presidenta del Contencioso del TSXG aparta al juez Villares de la sección encargada de eólicos
QUEDÓ SEMIINCONSCIENTE
Herida grave una septuagenaria en Tomiño tras ser atacada por una decena de perros
Lo último
PROGRAMA SEMANA SANTA
Magia, religión y cultura en la Semana Santa de Ribadavia
Eduardo Medrano
Motín de Esquilache