A Xunta promove o fermosismo cunha dotación de 2 millóns de euros
CORRECCIÓN DE IMPACTOS PAISAXÍSTICOS
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, destaca que o primeiro día xa se rexistrou o 70% das solicitudes e que nos primeiros 16 minutos se acadaron peticións suficientes para esgotar o crédito dunha convocatoria coa que a Xunta de Galicia mobiliza 2 millóns de euros para impulsar o fermosismo en toda Galicia
A Xunta de Galicia reforza a súa aposta pola cultura do "fermosismo" cunha dotación de 2 millóns de euros para as axudas destinadas á corrección de impactos paisaxísticos en vivendas particulares. A elevada demanda rexistrada desde o primeiro minuto confirma o crecente interese cidadán por esta liña de financiamento.
Desde a Xunta de Galicia salientan que o mesmo día da apertura do prazo xa se recibiu o 70% do total das solicitudes. En concreto, das case 1.700 peticións presentadas, máis de 1.200 chegaron durante a primeira xornada.
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, subliñou en Monforte de Lemos que “nos primeiros 16 minutos xa se recibiu o número de solicitudes preciso para esgotar o crédito, de concederse todas”, unha cifra que exemplifica a excelente acollida do programa.
Sexto ano consecutivo impulsando o paisaxe
Este é o sexto ano consecutivo no que a Consellería impulsa estas axudas dirixidas a particulares para pequenas intervencións cun impacto visual positivo na contorna. A convocatoria de 2026 duplica o orzamento do exercicio anterior, pasando de 1 a 2 millóns de euros.
Tendo en conta que en 2025 se concederon 348 axudas, a previsión é que este ano poidan atenderse arredor de 700 solicitudes en toda Galicia.
Entre 2021 e 2025, a Xunta concedeu preto de 7 millóns de euros que beneficiaron a máis de 2.500 familias en 279 concellos galegos —case o 90% do total—. O investimento total mobilizado nese período supera os 12 millóns de euros, xa que as axudas cobren ata o 70% do orzamento subvencionable e as persoas propietarias achegan o resto.
A provincia de Lugo consolídase como referente nesta iniciativa. O ano pasado concentrou o 41% das axudas concedidas en Galicia e, na convocatoria actual, preto do 30% das solicitudes proceden de municipios lucenses. Desde o inicio do programa, na provincia concedéronse arredor de 2,3 millóns de euros que mobilizaron máis de 4,5 millóns para a execución de 802 actuacións en 63 concellos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
256 PLAZAS EN JUEGO
Más de 16.000 opositores buscan una plaza de empleo público este fin de semana
ARRANQUE DEL AÑO JUDICIAL
Los jueces gallegos exigen un “respeto real” hacia su labor
Lo último
EXIGENCIAS DE CALIDAD
Nuevos requisitos para las titulaciones universitarias: más exigencia y presencialidad