GRUPOS MUSICALES
La playlist de... Arrhythmia
METAL GALEGO
“Insaciables” é o novo sinxelo da banda alternativa de metal galega Arrhythmia, en colaboración con Rebeliom do Inframundo. Trátase dun rap duro e combativo para falar do orgullo polo traballo feito, festexar quen son, o que foron e como seguir creando xuntos. “Unha visión crítica cara á industria e o negocio musical” está presente na novidade que forma parte dun EP a editarse en 2026 segundo Alberto Busto, membro de ambas as agrupacións.
Pregunta.Anunciaron un parón para compoñer o voso novo traballo, prometendo volver con “o dobre de forza”, e auguran “unha nova época”. Como é esta nova época e como perciben o feedback co público coa presentación do novo material e como imaxinan o reencontro?
Respuesta.Cada novo traballo é unha revisión do noso propio son. As inquedanzas musicais e vitais mudan cos anos de xeito natural no noso desenvolvemento como humanos, e é unha necesidade reflectilas nas nosas cancións para sentírmonos actualizados co noso xeito de sentir en cada época. O feedback está a ser inmellorable e supera con creces o esperado. Sentir que o noso público recibe algo do seu agrado é a auténtica gasolina para seguir creando. O reencontro será na nosa casa e coa nosa xente; non se nos ocorre un xeito mellor.
P.Na canción publicada xunto con Rebeliom do Inframundo hai unha crítica respecto da industria musical. Que dificultades e que beneficios supón a independencia? Ser independente vai da man cunha posición ideolóxica, política ou social en particular?
R.É moi complicado ser absolutamente independente hoxe en día. Os xeitos de consumo e as tendencias algorítmicas na rede empúrrante, case sen querelo, a depender de grandes compañías para amosar o teu traballo. Tentamos ser honestos con nós mesmos e rodearnos de xente que comparte os mesmos valores ca nós. Neste caso, a nosa axencia e o noso staff son amigos antes que compañeiros de traballo, e iso é algo indispensable para nós.
P.Ser independente pode limitar as pretensións artísticas dun músico?
R.Nós non nos podemos queixar de nada porque levamos unha década tocando nos mellores festivais do país, pero tamén somos conscientes de que o terreo de xogo para os grupos de metal, rock ou punk é cada vez máis pequeno. Son as novas xeracións destes estilos quen realmente o teñen complicado, pero animámolas a seguir o seu camiño sen tentar perseguir a roda das modas, porque dende a honestidade é como se chega ao público.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
GRUPOS MUSICALES
La playlist de... Arrhythmia
METAL GALEGO
Alternatividad Galega
ENTREVISTA
Fernando Romay: El arte de reinventarse
Lo último