SELECCIÓN MUSICAL
La playlist de... Antía Muíño
MULLERES E MÚSICA VIVA
Antía Muíño presenta “Anfibia por veces”, un disco no que, ademais da súa banda composta por Yudit Almeida, Ton Risco e Miguel Arribas, son protagonistas mulleres como as pandereteiras Lilaina, a chelista Margarida Mariño ou a brass band Brassica Rapa. É casual ou intencional que sexan mulleres? “Non é casual, quería contar con mulleres instrumentistas neste disco. Sinto que ás veces a faceta de instrumentista e mesmo a de compositora/creadora están menos visibilizadas. O perfil feminino que estamos máis afeitas a ver nos escenarios é o da vocalista; cousa que é marabillosa, pero boto en falta ver a máis instrumentistas”, afirma a cantante e compositora galega que, desde sempre, non fai do feminismo unha bandeira explicitamente senón unha forma de desenvolver a súa arte.
Pregunta. No teu novo disco “Anfibia por veces” abríchesche a un abanico máis amplo de sons respecto do teu debut “Carta aberta” (2022). Indietrónica, jazz, chacarera, neofolclore galego, easy listening, canción de autor dura case épica. Por que a elección de tal eclecticismo?
Respuesta. Non houbo unha intención de facer un disco ecléctico, ao final esas son etiquetas que intentan condensar as diferentes referencias ás que nos pode levar escoitar cada tema. Me deixo levar, intento non ter prexuízos e confiar na miña intuición. Cada canción deste disco evoca para min un universo particular, que pode vir condicionado por un estado de ánimo ou simplemente por unha determinada tímbrica. De aí ven tamén o nome do álbum. A referencia ao anfibio como algo que ten a capacidade e a necesidade de se mover en diferentes elementos. Este disco é o reflexo de quen son, tanto a nivel vital (temas moi íntimos e instrospectivos e outros máis enérxicos ou festivos), como, claro está, a nivel musical.
P. Na canción “Eu canto” dás boa conta do que significa para ti cantar: “Eu canto para soñar / Que o soño non ten cadea”; “Eu canto para lembrarme / Que da voz nace o cambio”. Pero, como definirías coas túas palabras e non xa coa túa poesía o que significa para ti cantar?
R. Sempre digo (e tamén é unha frase da letra da canción) que para min cantar é coma respirar. É algo que sinto que non “aprendín”, senón que é unha capacidade que forma parte da miña identidade dende que teño uso de razón. Creo que non hai nada comparable con poder expresarte e comunicarte a través do canto, deixar que a voz te conecte co mundo, cos demais. Por iso co que máis desfruto é cantándolle a alguén. Sinto que se establece unha conexión fermosa e única, imposible de replicar doutro xeito. Ver a alguén emocionarse mentres canto é das cousas máis fortes e significativas que me da este oficio.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SELECCIÓN MUSICAL
La playlist de... Antía Muíño
MULLERES E MÚSICA VIVA
Antía Muíño: “Eu canto para soñar”
APRENDER DEL FRACASO
Félix Revuelta: una vida que inspira a los emprendedores
Lo último