Apolo 18, nova promesa galega

LA REVISTA

Os coruñeses Apolo 18 estrean “Intentos de facer vida”, un EP no que fan gala do seu son noise grunge e que os proxecta como unha promesa xa fóra das fronteiras galegas; toda unha virtude para un grupo que non pasa dos vinte anos

Os coruñeses Apolo 18.
Os coruñeses Apolo 18.

Coas influencias do rock dos 90, desde Nirvana e Sonic Youth ata Slowdive, Slint ou The Jesus & Mary Chain, unha rareza para un grupo cuxos integrantes non superan os vinte anos, Apolo 18 presenta o seu EP debut “Intentos de facer vida” e proxéctase desde A Coruña como unha banda emerxente a nivel estatal. “Non poderíamos estar máis contentos”, din Antón Lorenzo Portela (baixo), Noel Pestoni García (batería), Hugo Blanco Arias (guitarra), Rafael Riesco Ares (guitarra) e Iago Lema Neira (voz e guitarra).

Na marxe do seu son noise grunge, e seica pola súa mocidade, empatizan con artistas galegos como Triángulo de Amor Bizarro ou Nuno Pico de Grande Amore, segundo confesan, referentes a seguir.

Pregunta. O nome Apolo 18, ten que ver cunha actitude disruptiva do grupo para co presente do rock alternativo e en particular co rock alternativo galego?

Respuesta. Nun principio creo que ningún grupo pensa que vai cambiar nada, ao final somos uns rapaces que facemos música polo simple feito de que é o que máis nos gusta. Aínda así, é verdade que na escena galega actual o que predomina, aínda que sempre hai excepcións, é a música máis festeira e electrónica. Aínda así, nos alegramos moito de que haxa unha escena musical en Galicia tan grande, non é o que nós persoalmente disfrutamos escoitar. É necesaria unha maior diversidade de proxectos musicais autóctonos e en galego.

P. As vosas idades oscilan entre os 18 e 20 anos, de onde xorde a influencia tan forte do rock dos 90?

R. A maior parte de nos temos pais e familiares maiores que nos inculcaron o gusto por este tipo de música. Anque co tempo fomos creando nosos gustos propios, crecer rodeados destes xéneros leváronnos a telos como inspiración a hora de crear e moi interiorizados na nosa maneira de tocar.

P. Volvendo ao tema da idade, no EP que están a estrear hai unha canción titulada “Outono” e incluso fan referencia á seca e aos incendios do monte galego cunha madurez que non é común na vosa xeración. Como é o feed-back co público?

R. Non poderíamos estar máis contentos. Sempre nos sorprende a maneira de implicarse por parte da xente que nos ven ver, e darnos conta de que a moitos deles lles apasiona nosa música tanto como a nós é algo que nos alegra moito. Apolo18 é unha experiencia totalmente familiar. Tanto poden vir os pais e nais coma os fillos. Así como hai xente que viviu a súa xuventude hai 30 anos, na época dos grupos que tanto nos influencian, tamén encontramos entre o público a rapaces incluso máis pequemos ca nos, que xa é dicir. Por outra parte tamén agradecer que teñades en conta as mensaxes que queremos dar. Non somos un grupo moi político, pero hai cousas que se teñen que dicir e que hai que sacar de dentro, ao final existen problemas que nos afectan a todos e que son imposibles de ignorar.

Contenido patrocinado

stats