SELECCIÓN MUSICAL
La playlist de... David Diz
Baixo dun título que, como ao fillo do autor, seica, non termina de me convencer, aparece un libro, “Cómo cambiar tu vida con Sorolla”, que leo co meirande pracer e proveito. Un volume, ben ilustrado, lástima fora, con cadros e fotografías (Sorolla foi un dos pintores que desprezaban a pintura que de puro realista mimetixzaba a arte de Monsieur Daguerre) que ten tanto de crónica, como de biografía ou, simplemente, de narración.
O que fai deste libro un exemplo de compendio de saberes e, tamén, de amenidades. Nada, pois, que ver co manual de autoaxuda que o título semella anunciar. E que non me tería levado a el, de non ser pola man xenerosa da miña filla, precisamente, quen mo fixo chegar. E eu, encantado, poisque outras sabedorías ou curiosidades á parte me deu a coñecer que, en 1907, Sorolla botara varios meses na quinta “La Angorilla”, propiedade daquela da familia Urcola, velando pola saúde dunha filla; seu fillo varón namoraría de Raquel Meller, nun namoro certamente desgrazado. Si, a mesma quinta na que Juan Carlos I “empoderara”, aínda máis, a Corina Larsen, coñecida dos escoltas como “Ingrid”. Sorolla, quen fora republicano, cal seu íntimo Blasco Ibáñez, acabou monárquico (e pintor de cámara de Alfonso XIII). Pero o que máis nos interesa non é o Sorolla retratista mais o recriador da luminosidade, levantina ou non. Tamén o que revirou brancos e rosas. Non nada impresionista senón no emprego da cor violeta, a preferida dos pintores que se apoderaron do termo que aludirá, pexoractivamente, a “impresión” que causara a un crítico a pintura do primeiro Monet.
O peor de Sorolla (ou de Romero de Torres ou de Lorca), ocórreseme, son os seus imitadores. A moreas. E, o evidente, Sorolla foi que matou a Sorolla. Vítima dun infarto cerebral que o imposibilitou, xustamente, o que amaba compulsivamente; traballar. E é que Joaquín Sorolla pintaba, tantísimo, para non deixar de facelo. Para non parar. E por iso tanta obra: histórica, social, primeiro, “sorollista”, despois. Isto último o mellor que se pode dicir dun pintor tan controvertido, celebérrimamente discutido, cal os calendarios nos que penduran os cromos “sorollianos” dos seus copistas, cando non imitadores.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SELECCIÓN MUSICAL
La playlist de... David Diz
MÚSICA EN VIVO
Rock + DJs + Tatoos ourensanos en Secret Bridge Tatoo
PORTADA DE LA REVISTA
Javier Mariscal, el arte de comunicar con el diseño
Lo último
REDES SOCIALES QUE ENGANCHAN
Bruselas concluye que TikTok incumple la ley europea por su "diseño adictivo"
SOLBEIRA VUELVE A PRODUCIR
Paderne de Allariz recupera tierras agrarias abandonadas con apoyo de Medio Rural