LA REVISTA
La playlist de... Escuchando Elefantes
THE RAPANTS
The Rapants publica o seu cuarto LP “Rapants Club”, no que a banda muradá leva a súa música a outro nivel: variedade estilística, guitarras frenéticas, sintetizadores e retrousos pegadizos conflúen para dar conta da evolución dun grupo que, á vez, mantén máis viva ca nunca a esencia e identidade rapante. “Rapants Club” é moito máis que un disco: é a nosa maneira de entender a vida a través da música, de agradecer e compartir algo con toda a comunidade que formou e forma parte do noso progreso”, explican os Rapants, que fixeron a súa canción “Non sei como” un dos temas máis virais en España.
A xira coa que a banda presentará o seu novo material -que bebe das influencias que viaxan desde os 70 ata os 2000- comezará o sábado 28 de marzo cun concerto con localidades esgotadas para cinco mil persoas en Santiago de Compostela (Multiusos Fontes), para continuar despois coas ilenudíbeis e multitudinarias citas estivais.
Pregunta. Anúnciase “Rapants Club” como “máis que un disco”. Que significa?
Respuesta. E unha representación da nosa evolución en estos dous anos sen sacar música. Un album feito a fuego lento con moito esforzo e cariño, dedicado a todas as almas que concerto tras concerto poñen patas arriba o campo da festa incondicionalmente. Para todos eles decidimos crear “Rapants Club”.
P. Están a editar un cuarto disco. Que avaliación fan da vosa evolución como artistas? Cales son as vosas expectativas polo lanzamento?
R. A verdade é que todas as críticas polo de agora están a ser máis que positivas, tanto do público como de profesionais do sector, algo que nos reconforta e demostra que todo traballo ben feito ten a súa recompensa. Neste disco o que buscamos foi consolidar o sonido da banda mediante un álbum atemporal que esperemos que estea presente moitos anos. Por outra banda, intentamos levar a nosa musica mais aló e adentrarnos no panorama estatal, onde xa puxemos un pé cos anteriores discos.
P. The Rapants é un grupo identificado coa verbena e coa festa. Como ven o presente? Cren que hai unha revalorización da festa e a verbena, sobre todo do público novo?
R. O público novo sempre apoiou a verbena, década tras década. Agora estamos a ver que a estrutura básica de orquestras se fusiona, e alternan orquestar e concierto. Os tempos cambian e con eles as festas populares. Pola nosa parte estamos moi agradecidos disto e que se poida manter parte da tradición sen frear as novas correntes de ocio. Películas como “As Liñas Descontinuas” poñen en valor e demostran que a musica en galego do siglo XXI esta máis que á altura de ser a banda sonora das miles de festas populares das que gozamos en Galicia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
LA REVISTA
La playlist de... Escuchando Elefantes
Sílvia Rábade e Carlos Tajes
“Arder”: STOP incendios
PORTADA DE LA REVISTA
Manuel Arias, el doctor ourensano que cuida del cerebro
LA REVISTA
La playlist de... Miguel Marcos
Lo último
Terremoto en Venezuela
Los equipos de rescate localizan a 33 supervivientes bajo los escombros en Venezuela
GUERRA EN ORIENTE MEDIO
Nuevos ataques entre Estados Unidos e Irán debilitan una frágil paz