LA REVISTA
La playlist de... Miguel Marcos
“TERTÚLIA” REMOCICADA
Con un xiro abrupto ao seu imaxinario, no que se achegan á arte contemporánea no lugar do gusto polo clásico, con sons máis urbanos e vangardistas nos que a electrónica ten un espazo protagonista, Fillas de Cassandra presentan “Tertúlia”. María SOA e Sara Faro iniciarán o 9 de maio no Recinto Feiral de Pontevedra unha xira en invitarana ao público para poñer a palabra no centro da escena e a recuperar unha socialización que fai moita falta nun presente preponderantemente individualista.
Pregunta. No novo disco hai un xiro cara a unha arte contemporánea. Como atravesaron este cambio?
Respuesta. Neste disco sentimos a necesidade de abrir máis a linguaxe, tanto no plano sonoro como no conceptual: deixar entrar outras texturas e sons así coma outras referencias estéticas/visuais quizais máis próximas no tempo. Non foi unha decisión estratéxica, senón máis ben unha escoita atenta ao que nos atravesa: o contexto artístico, as lecturas, as conversas. O contemporáneo para nós non é unha pose, é unha consecuencia de estar vivas no tempo que habitamos.
P. “Saír á fresca” comeza dicindo “Veña vente que hai tertulia / non hai présa pero apura / falar dos males non sempre cura / pero as vellas din que moito axuda”, como un chamado urxente a unha socialización que non é moeda común nun presente no que prima o individualismo. Como ven vostedes este presente?
R. Vivimos nun presente atravesado pola velocidade, pola hiperconexión e, paradoxalmente, por unha grande desconexión emocional e comunitaria. Esa chamada de “saír á fresca” é case un acto de resistencia: parar, xuntarse, falar sen produtividade de por medio. Hai algo moi político nesa imaxe das vellas que din que falar axuda porque reivindica un saber que non está nos algoritmos. A canción nace desa tensión: sabemos que o individualismo e o illamento son reais, pero tamén que hai unha necesidade profunda de comunidade. “Tertúlia” quere ser un espazo onde esa posibilidade se imaxina e se practica.
P. No que respecta ao musical, como é a vosa socialización cos colegas? Hai unha empatía maior a nivel xeracional? De xénero? Ou é ecléctica a vinculación? Cómo é unha tertulia vosa?
R. O certo é que non sentimos que haxa unha única vía de conexión coa escena: hai afinidades xeracionais, claro, porque compartimos contexto e problemáticas como tamén hai unha complicidade especial con proxectos que admiramos que naceron nun contexto diferente e que teñen xa un longo percorrido. As nosas tertulias pretenden estar sempre en movemento. Non hai unha orde fixa nin unha finalidade clara. E iso, dalgún xeito, é o que intentamos trasladar ao disco: non dar respostas pechadas senón abrir conversacións.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
CESE DE HOSTILIDADES
Israel y Hezbolá acuerdan el alto al fuego en el Líbano