LA REVISTA
La playlist de... Francisco Castro
LA REVISTA
No que o propio Francisco Castro define como “presentación-concerto”, o venres 18 de setembro (ás 19.30) terá lugar no ourensán espazo cultural literario Tanco a posta en sociedade de “Una honda historia de los Beatles”, un libro que, baixo a epígrafe “La vida y obra de la banda más grande del mundo como nunca te la han contado” e ilustrado con fotografías da colección particular do autor, está narrado desde o punto de vista dun admirador e investigador do grupo que protagonizou unha das historias de fama, tolemia colectiva e descubrimento vital máis fascinantes de todos os tempos. O escritor e músico vigués, que asume escoitar aos catro de Liverpool “dende que era un bebé practicamente”, estará acompañado polo tamén escritor e músico José Lameiras Vilanova e amenizará o seu relatorio con cancións da banda británica da que é fan desde que ten uso de razón.
Pregunta. Es escritor e músico, onde está a fronteira entre a literatura e a música? Cando un escrito é poema e cando é canción?
Respuesta. A literatura e a música están intimamente relacionadas. A poesía, por exemplo, chámase “lírica” en referencia á lira, ao instrumento musical. A Odisea era un canto. E as cancións, primeiro de todo, son poemas. Pensa que a Bob Dylan lle deron o Nobel non de música, que non existe, senón o de literatura. Para min, que ademais son escritor, son dúas caras da mesma actividade. A xente dicíame que se non me custara facerme músico, e sempre dixen que non. Para min son a mesma cousa. Dúas maneiras de falar do mundo.
P. Que é o que che inspira para escribir e para facer música?
R. A vida. O que pasa todos os días. Gustaríame ter a capacidade de abstraerme da realidade e facer cancións ou libros de calquera cousa, pero non me sae. A miña obra, a literaria ou a musical, son eu espido, sen artificios. A arte é un exercicio de verdade. O que escribo e o que canto é Francisco Castro tal e como é de verdade.
P. No caso do libro sobre os Beatles, que che motivou a escribilo, alén de ser fan?
R. Pois imaxino que o feito de levar toda a vida lendo sobre eles, estudando a súa obra e as súas vidas. Tanta viaxe a Londres, a Liverpool, tanto obxecto de coleccionista. Se vas á miña casa atopas un anaco do piano que usaron ata 1967, outro dunha chaqueta de Lennon, pero tamén material orixinal da época. Un espanto para a miña familia. Nótase que me queren no moito que aturan esta afección miña.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
LA REVISTA
La playlist de... Francisco Castro
LA REVISTA
La playlist de.. Borvo
LA REVISTA
Galego + Metal extremo = Borvo
Lo último