SELECCIÓN MUSICAL
La playlist de... Antía Muíño
Poucos artistas crean tanta empatía co seu público como Nuno Pico, quen baixo o paraugas de Grande Amore interpreta a idiosincrasia galega con cancións que fan foco en “a nostalxia e unha forma melancólica de ver a vida”, como gusta expresar quen actuará o venres 24 de maio no Ourensound Fest con Clara Redondo e mariagrep para presentar o seu disco “II” e facer gala do seu punk-metal electrónico.
En cancións como “Pelea”, cos versos “Desta merda nunca me falaron / Naide ten piso, naide ten traballo”, ou “Anos 20”, que di “Poido estar deixando a vida en todo o que faigo / Que a veces parece que todo é unha merda”, hai unha situación referencial para unha xeración á que lle é difícil sobrevivir, incluso tendo traballo. Dada por descontada a empatía, cal é o feedback que recibes do teu público?
A xente nos concertos corea as cancións, tanto aquí como fóra de Galicia. Nese sentido, o feedback é totalmente positivo. Á marxe diso, hai xente que di que lle gustan as letras das nosas cancións, que o resalta. O de ser referencial para unha determinada xeración é algo que sempre é azaroso, e penso que está ben que así sexa. Supoño que hai xente que se sentirá identificada con nós porque estamos en situacións vitais moi semellantes, pero eu nunca escribo intentando representar a ninguén. Hai xente que si, e que o fai xenial ademais. Pero as miñas letras dependen ao cen por cen de ser confesionais nese sentido.
“Nunca pasa nada / Sempre está chovendo”, di “Fumando espero”, e “Pa’saber se este odio que teño pola xente / É culpa miña o de que aquí chove sempre”, di “Ben sabe Deus que ou intetei”. Que tanto che marca a idiosincrasia galega?
Moi boa pregunta á que creo que non teño unha resposta clara. Eses sentimentos típicos e tópicos que se lle atribúen á xente galega dende sempre, como a nostalxia, unha certa introspección e unha forma melancólica de ver a vida, estiveron moi presentes en min dende moi pequeno. Supoño que, de ter nacido en Valladolid ou en Huesca, tamén sería unha persoa nostálxica, pero quizais non tanto. A iso tamén se lle xunta o feito de que os grupos que máis me gustan son os que combinan unha música forte e intensa con letras escuras e torturadas. Polo tanto, é moi probable que á hora de compoñer, intente evocar na xente o que evocaron en min cancións como “I Can’t Escape Myself” de The Sound ou, por poñer un exemplo máis cercano, “Maldita sea mi suerte” de Los Suaves. Supoño que é unha mestura entre a miña forma de ser e o que estéticamente me gustou dende que teño recordo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SELECCIÓN MUSICAL
La playlist de... Antía Muíño
MULLERES E MÚSICA VIVA
Antía Muíño: “Eu canto para soñar”
APRENDER DEL FRACASO
Félix Revuelta: una vida que inspira a los emprendedores
Lo último