A Loita Amada galega
LA REVISTA
Loita Amada chega a Ourense para presentar o seu disco “Resistir é vencer”, con concertos o 15 de maio en Vilar de Santos e o 16 en Mandín, e unha proposta que alén de música inclúe actividades culturais como faladoiros e expos de fotos
Co slogan de “loitar, dende aquí, Galiza, por un mundo mellor e máis xusto”, Loita Amada está de xira co seu disco “Resistir é vencer” e recalará en Ourense o venres 15 de maio en Vilar de Santos (A Arca da Noe) e o sábado 16 en Mandín (Couto Mixto) cunha posta que alén de música inclúe faladoiros e unha exposición da fotógrafa Mire Anfe. O ex Nao Jásper (letras, voz, guitarra) comanda a banda que combina unha aggiornada canción de protesta galega co rock máis combativo e que completan Davide Salgado (guitarra), Alberte Fernández (baixo), Xiana Naval (trombón), Ana Novo (trompeta) e Amós Varela (batería).
Pregunta. Xa o título do disco, “Resistir é vencer”, máis os antecedentes musicais do grupo, dan conta dun posicionamento ideolóxico que se expresa nas cancións e, tendo en conta a letra de “A Envexa”, que tanto se pode “resistir” no que respecta á economía cando non se reciben subvencións dos gobernos nin se participa de festivais masivos?
Respuesta. Temos un problema enorme co modelo cultural. Cando unha arte coma a música só se mide en termos de oferta e demanda, algo falla e falla moito. Cantos grandes grupos de rock se perderían por non obedecer aos canons establecidos. Todas as grandes bandas pelexaron moito por chegar a onde chegaron e nós estamos niso.
P. Seguindo con “A Envexa”, IA polo medio, en que se converterá o rock?
R. A IA nunca poderá substituír a esencia humana. Un día fedellando co ChatGPT pedímoslle que fixese unha letra “estilo Jásper Nao” e estivemos rindo un bo rato. Non me chega nin á sola do zapato.
P. Elixir facer poesía combativa, limita o poder de convocatoria. Como proxectan, coa vosa realidade ideolóxico-musical, o futuro do grupo?
R. Non creo que sexa así nin moito menos. Moita xente escoita a nosa música sen pensar exactamente igual ca nós, do mesmo xeito que moita xente que pensa ideoloxicamente igual ca nós non nos escoita. Pero que seriamos se renunciásemos aos nosos principios? A banda canta o que ve e o que sente e nesa autenticidade está o valor que temos como artistas.
P. Dis “Moita xente escoita a nosa música sen pensar exactamente igual ca nós”. De que características é ese público? De que ideoloxía? Teñen público xudeu ou de cosmovisión xudía?
R. Xudeus en España penso que quedan poucos dende os Reis Católicos, pero seguramente haxa xente de ascendencia xudía que nos escoite e lle guste o que facemos. Afortunadamente nos nosos concertos non hai nin fascistas nin sionistas, pero si xente máis conservadora ca nós. As liñas ideolóxicas están moi desdebuxadas na actualidade. Nazis con esvásticas tatuadas ondean bandeiras de Israel en Londres.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
ELECCIONES EN ANDALUCÍA
Juanma Moreno descarta un acuerdo si roza la mayoría absoluta: "PSOE y Vox deberían abstenerse"