Folklore e modernismo con Abril

DEBUT DISCOGRÁFICO

Abril, o dúo de folk contemporáneo vigués composto por Claudia Abril e Marina Carpente, presenta “Medrar”, un álbum debut resultado da fusión da música tradicional de Galicia coa canción ibérica moderna

Abril
Abril

O dúo de folk contemporáneo Abril publica ou seu primeiro traballo discográfico baixo o título de "Medrar". Con referentes que van desde o folk dos galegos Linho do Cuco, Riobó, Berrogüetto ou Guadi Galego ou o mexicano Osiris Ramsés Caballero ata iconas do jazz como Billie Holiday ou Chet Baker, Claudia Abril e Marina Carpente ofrecen nove cancións transformando en historias propias as coplas máis tradicionais pero tamén achegando da súa propia colleita para lograr un equilibrio entre o folklore galego e unha canción ibérica de carácter moderno.

Pregunta. “Medrar” é o resultado da fusión entre a canción tradicional galega e novas canción compostas por vostedes mesmas. Como naceu e como desenvolveron este traballo?

Respuesta. Medrar foise creando a lume lento despois de moito tempo tocando algunhas das pezas que forman parte deste disco. Pouco a pouco fomos dándolle un sentido tanto ás letras coma aos arranxos, buscando algo co que nos sentísemos identificadas e que nos permitise expresarnos. Tamén contamos con algunhas cancións novas que arranxamos para a ocasión. É un traballo colectivo creado con toda as amigas que nos rodean, cada unha coa sua especialidade: músicas, letristas, deseñadoras, fotógrafas, ilustradoras.

P. Trátase do voso primeiro disco e titúlase “Medrar”. Cales son os plans de crecemento e, doutra banda, cales son as expectativas respecto do lanzamento e da repercusión que poida ter no público?

R. O que realmente nos fai medrar é poder expresarnos a través da música e poder seguir adicándonos a isto. Por outro lado, tamén nos gustaría poder presentar o disco por distintos lugares e que nos dean o espazo para amosar todo o traballo que invertimos neste proceso. Darlle unha oportunidade á xente para que poida escoitar esta música nun espazo seguro, no seu propio refuxio e desfrutar dela.

P. Son un dúo de mozas e, duns anos ata este momento, é unha evidencia o feito de que se multiplicaron os grupos de mozas. Que tan sólida é a presenza da muller nos escenarios? A igualdade é de verdade ou é unha aparencia?

R. Quizais está máis visibilizado que hai uns anos a presenza de mulleres enriba dun escenario ou liderando proxectos artísticos, mais aínda hai bastante desequilibrio, por exemplo, no caso da técnicas de luces ou das enxeñeiras de son. Da que pensar que sexa noticia a maior presenza feminina, pois é algo que debería ter sido así dende sempre. A pesar de que mellorara a situación, segue predominando a presenza masculina nas cabezas de cartaces de moitos festivais.

Contenido patrocinado

stats