PREMIO FORQUÉ
José Manuel Lorenzo, más osado que valiente
MÚSICA
O combo galego Lontras presenta “Sangue non canal”, unha canción con ecos ao indie-folk máis acedo e colorista que representa “unha homenaxe” a bandas que consideran referentes, como Chrysalis, The Zombies, Pink Floyd e The Beatles, segundo o seu líder Juan Arca, voz e guitarra ao que acompañan Zalo Rodríguez en sintetizador e caixa de ritmos e Sunil López en percusión.
“Teño debilidade polas cancións curtas. Para que facer unha canción de sete minutos se podes dicir o mesmo en dous e medio? Algunhas bandas de pop psicodélico dos 60 e 70 como Chrysalis, The Zombies, os primeiros Pink Floyd e, por suposto, os Beatles, foron verdadeiros mestres na arte de crear complexos universos sonoros sen pasar case nunca dos catro minutos”, explica o mesmo Arca.
E detalla: “‘Sangue non canal’ é en parte unha homenaxe a estas bandas; ademais da brevidade, o uso case exclusivo de acordes maiores nas estrofas e os coloristas arranxos responden a esta intención. Tamén hai ecos do Mediterráneo de Serrat ou de CRAG nas cordas da ponte, mentres que o arranxo da estrofa final inspirouse directamente en Eleanor Rigby”.
Esta particular Eleanor Rigby galega e alternativa consegue iluminar coa mesma soltura e sapiencia ese indie-folk psicodélico dos anos 60 e 70, como así tamén alumar un cancionismo envelenado, cunha mirada indie ao Rufus T. Firefly pero cun claro culto a aquela lisergia ensoñadora que o propio líder do grupo confesa no parágrafo anterior.
“Sangue do canal” conta cun videoclip co que o grupo tentou “facer algo que se puidese entender como unha narración, pero igual que a letra da canción, tamén coa súa ambigüidade”, explicita o vocalista Arca, realizador do rexistro audiovisual xunto con Clara Virseda.
A pel que habita a banda viguesa é dunha textura curiosa: elegante, de empaquetado antigo pero con mirada modernista, tan preto dunha canción sensitiva como dunha psicodelia crepuscular, como xa puxeron de manifesto nas composicións “Peixe non millo” e “Neve e luz”.
Hay que sinalar que nestes dous primeiros sinxelos os referentes movíanse dun lado para outro, serpenteando entre Chico Buarque e Thom Yorke, entre Amancio Prada e Caetano Veloso, entre Devendra Banhart e Brian Wilson. Tamén é importante dicir que por eles foron recoñecidos no certame Xuventude Crea 2024 co segundo premio na categoría de música, que subliñou o talento emerxente de Lontras na escena musical galega.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PREMIO FORQUÉ
José Manuel Lorenzo, más osado que valiente
GRUPOS MUSICALES
La playlist de... Tesouro
BANDA OURENSÁ
O tesouro da amizade
GRUPOS MUSICALES
La playlist de... LISE L.
Lo último
Jacinto Seara
Feliz Navidad
Fernando Lusson
VÍA DE SERVICIOS
Días de reflexión
EXPOSICIÓN INTERNACIONAL
Más de 34.000 personas visitaron “Wonderland” de Annie Leibovitz