PREMIO FORQUÉ
José Manuel Lorenzo, más osado que valiente
Carmen Mola, soubémolo cando esta presunta dona gañou o Planeta millonario con La Bestia, é en realidade tres señores. Tres “caballeros” chamados Mercero, Martínez e Díaz, que logo dunha andaina individual optaron por escribir novelas a tres mans (o dito que fala de facelo a seis mans pode valer para pianistas, o que non semella ser o caso).
Carmen Mola “rides again” con novela na liña de anteriores entregas: tremendismos cheos de sangue e vísceras, sexo rebaixado pola economía expresiva, policías entregados vs. policías corruptos e unha certa reivindicación social, neste caso contra da explotación deses ventres de aluguer para quen, querendo ser país, ou nais, procuran a vía rápida que consiste en atopar quen se preste a embarazos e partos sen máis saída que donar o froito do seu ventre. Emprego adrede esta fórmula ben coñecida porque neste libro hai un maxistrado que cheira a podre, membro dunha organización relixiosa ben coñecida, quen prega como un beatísimo á hora de dar conta diante da vinganza violenta das súas falcatruadas. Digamos xa sen destripar nadiña que en Las madres, que é a novela da que estou a falar, hai unha cadea de asasinatos rituais, dos que son vítimas varóns que logo de baldeirados aparecen cun feto nas súas entrañas. De aquí iremos parar a unha granxa onde hai nais secuestradas coa fin de parir criaturas para eses país (ou nais) que en canto de adoptar, mercan (a moral da novela está xusto no arranque, onde si hai unha poli boa, a inspectora Elena Blanco, quen si é quen de recoller a unha cativa rumana para que non vaia parar onde non debe). Pois vén dun ámbito nada recomendable.
Logo, ao longo de catrocentos cincuenta e sete páxinas, un inmenso barullo, de proxenetas, putiñas, polis bos e malos, xa se dixo, asolagados nunha monumental canfurnada, que se adobia, iso si, con citas moi cultas, de Idea Vilariño, Borges, inevitablemente, ou cancións de Mina. Ás veces con este nome, outras como Mina Mazzini. Demasiado para o corpo esta novela dos chamados Carmen Mola, posuidores dun público ben nutrido. Ao que lles mola Mola. A mín, non sei se me explico, amante da novela “negra”, sigo sen lle ver o chiste. Cousa, tamén é certo, que esta novela non pretende.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PREMIO FORQUÉ
José Manuel Lorenzo, más osado que valiente
GRUPOS MUSICALES
La playlist de... Tesouro
BANDA OURENSÁ
O tesouro da amizade
GRUPOS MUSICALES
La playlist de... LISE L.
Lo último
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Nueve implicados en un accidente múltiple en As Neves
sudeste asiático
Tailandia y Camboya retomarán el miércoles las conversaciones de paz
Tras Fukushima
Japón reactivará la central nuclear más grande del mundo
guerra en Ucrania
Rusia estira las negociaciones de paz: "Los progresos son lentos"