PREMIO FORQUÉ
José Manuel Lorenzo, más osado que valiente
Rabo de nube
Non, se cadra os Hombres G poderían dicir como no verso dunha das súas cancións “Nunca hemos sido los guapos del barrio”, título do libro de Javier León Herrera, que teño diante miña. En troques si que poderían chufarse de ser os máis espilidos.
A proba que sigan tantos anos despois ao leme da nao da canción pop española, por certo sen bater esta coas claves que tanta frescura atopara nos anos oitenta. Que foi cando, altofalantes da praia de Valdoviño, escoitei por vez primeira “Venezia”, himno que segue a ser dos estudantes en “giro” escolástico por Italia. Do que dou testemuña como fiel acompañante de “escolarescas”, tamén dos Hombres G desde aquela. Desde que en setembro do ano de “Venezia”, din en escoitalos en directo, en Majadahonda (logo faría o propio en Ferrol, quince anos despois, cando descubrirá que as fillas das nais de entón partillaban auditorios con estas). Todo iso está moi ben, e dígoo consciente de que o persoal da miña quinta, do 68 e por aí seguido, está por outras músicas, se máis ratoeiras ou non quen sabe.
Porque o certo é que Hombres G, líder David Summers, guitarra solista, Rafa Gutiérrez, o máis músico de todos eles, irmán de Felipe Lipe, de Tequila, acadaron un público variopinto, o de “pijos” non pasa de lenda urbana, porque a sinxeleza, ademais da cortesía do filósofo, Ortega, non é inimiga da calidade. E Hombres G, préstamos de Beach Boys ou Simon&Gafunkel, á parte, deixaron unha dúcia de cancións sintomáticas e media de temas categóricos.
Por iso o seu aquel que León Herrera explota/ explora moi ben, con alardes sociolóxicos por máis que este libro, por autorizado, evite choios escabrosos, historias de “groupies” e tal, que terían outorgado sal e pementa a este volumen, voluminoso, tapa dura, dirixido a fans absolutos ou medio pensionistas, cal no meu caso. O libro de Javier León Herrera fala tamén do percorrido cinematográfico de Hombres G, sobre o que teño as míñas dúbidas (non por causa do director, Manuel Summers, pai de David). Acontece que o cine sobre o mundo pop, de Richard Lester para abaixo non é gran cousa. É que non é fácil traducir en imaxes o son de algo tan carbonatado cal o pop. Javier Léon Herrera consígueo. Nun libro cheo de novidades. SI.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PREMIO FORQUÉ
José Manuel Lorenzo, más osado que valiente
GRUPOS MUSICALES
La playlist de... Tesouro
BANDA OURENSÁ
O tesouro da amizade
GRUPOS MUSICALES
La playlist de... LISE L.
Lo último