SELECCIÓN MUSICAL
A playlist de... Rebeliom do Inframundo
SANTA COMPAÑA
Con integrantes xa expertos nas lides do rock ourensán, provenientes de bandas como Bergallazo, The Phantom Dragsters ou Xigante Verde, Santa Compaña presenta seu álbum debut “Objetivo terminado” o 4 de outubro no Café Cultural Auriense, na celebración dos 22 anos do webzine CanedoRock.
“Letras que abordan temas sociais e cotiáns, como a crueza da vellez en ‘Objetivo terminado’, a soidade rural con ‘O leito’, temas máis festivos como ‘U.D.O.’, adicado á UD Ourense e a súa afección, ou ‘Sólo queda el rock’, unha oda ó rock reivindicando e á fidelidade co mesmo”, conforman o traballo, segundo Óscar “Txinguín” Estevez, voz e baixo da banda que completan Javier Solveira en batería e Óscar Pérez e Diego Atanes en guitarra e cuxo estilo define como “rock urbano mesturado co punk e rock clásico”.
Pregunta. -Por que a elección do nome Santa Compaña para o grupo?
Respuesta. -Primeiro, por todo o que significa en canto ao que é a lenda, a súa relación ca mitoloxía galega. A morte sempre estivo presente na nosa cultura. E segundo, por un LP de Los Suaves que tanto nos influenciou.
P. -“Seguiremos alzando su voz, ya no se detendrá (...) sólo quedamos tú y yo, resistiendo hasta el final”, di “Sólo queda el rock”, unha canción sobre un xénero que non vive o seu mellor momento, asoballado por ritmos como o reguetón e a música urbana. Hoxe, ser rockeiro, é unha loita? É ser parte dun gueto, dunha minoría?
R. -Máis que unha loita, unha resistencia aos tempos que corren, onde imperan outras influencias e modas musicais. O rock sempre estivo ligado a unha clase social “de a pé”. As letras sempre reflectiron unha realidade social na que a maioria nos sentimos identificados. Consideralo gueto debería ser un erro. Outra cousa é que non queiran darlle visibilidade, e prefieran apostar por outros estilos musicais máis superficiais.
P. -Os integrantes do grupo xa teñen experiencia facendo rock en Ourense. Como ven hoxe o panorama para iniciar un proxecto artístico en particular rockeiro sen ser parte dunha minoría?
R. -A cidade de Ourense sempre gozou de boa saúde artística. Grupos de música seguen xurdindo e facendo cousas interesantes. Quizais faltan máis espazos abertos onde expresar esas inquietudes.
P. -Por que faltan eses espazos?
R. -O que falábamos antes, as músicas comerciais xa ocupan todos os espazos, como radio, prensa, televisión. Na rama do rock falta máis implicación e apoio para as bandas locais emerxentes. ¡Que os concellos, comisións de festas en aldeas, non deixen decaer a cultura!.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SELECCIÓN MUSICAL
A playlist de... Rebeliom do Inframundo
NOVO DISCO
Rebeliom do Inframundo: rap d’orgulho galego
PORTADA DE LA REVISTA
Manuel Domínguez, el chef ourensano con la gastronomía gallega como compromiso en Madrid
Lo último
FALTA DE NUEVA CONSTRUCCIóN
El ladrillo ourensano envejece: El 66% de las casas de la ciudad superan los 40 años
Julia Navarro
Adjetivos calificativos