PREMIO FORQUÉ
José Manuel Lorenzo, más osado que valiente
Raro é o día no que as novidades literarias non nos ameazen con dietarios, diarios, notas soltas agrupadas en libro, de canto escritor desexa facernos saber cousa bule no seu maxín atarefado. Raro tamén quen nos ilustre con productos orixinais, con choios que ultrapasen a fronteira da banalidade, disfrazada -iso si- dun pretendido estilo, dun estar “á la page”, esquecendo que nada máis antinatura que recontar os pasos dados, e moitas veces perdidos. Quero dicir con isto que os Jules Renard son moi poucos, e audaz quen se pregunte en público, nun apunte de diario, de quen foi a idea de ser soterrada cun libro do seu home, de Almudena Grandes ou do seu xa viúvo.
Collo esta nota de “Las palabras justas” ao chou para que o lector entenda un pouco de que vai un libro que, sen ánimo “provocateur” (mais que provoca), prende na mente de quen o le unha chama de curiosidade. Aclaro que este libro, na edición que manexo, vai xa pola quinta, tan só entre xuño e novembro de 2022. Demostrando non sei se é que o xénero está vivo, ou é a propia Milena Busquets, resulta máis qu viva, vididora. Porque iso é o que fai, vivir a mancheas, esta dona, namorada sucesiva, como dixo o outro, nai igualmente continua e filla que pon á nai morta no seu sitio. Ao pai, tamén, pero sendo moito menos chamativo ocupa pouco espazo.
A familia, a sagrada, e na parede pendurada, cal dicía o outro, diferente ao anterior, supoño. Igual que as relacións anteriores a ese J, non sabemos se feliz ou coitado por aparecer no libro (Milena divide aos homes nesas dúas categorías, os que si, os que non), un tipo do que a Busquets confesa non poder botar apenas tempo sen recibir mensaxes súas. E que ben a entendemos, non sei se moitos, pero si algúns entre os que me conto. Lector consumado, e pouco consumido, desta dona, que ceiba reflexións no ceo (barcelonés ou madrileño) como quen aturuxa. Respectando a norma de non cansar ao lector, nin tan sequera pretender lévalo ao curral onde García Márquez termina por ser pesadísimo e Milena acepta ir a un congreso en América, só se lle pagan clase “business”. Dinlle que está é soamente para autores vellos ou con problemas de mobilidade. E vai e di que daquela non vai. Co mesmo xeito que pon ao escribir este diario.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PREMIO FORQUÉ
José Manuel Lorenzo, más osado que valiente
GRUPOS MUSICALES
La playlist de... Tesouro
BANDA OURENSÁ
O tesouro da amizade
GRUPOS MUSICALES
La playlist de... LISE L.
Lo último
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Nueve implicados en un accidente múltiple en As Neves
sudeste asiático
Tailandia y Camboya retomarán el miércoles las conversaciones de paz
Tras Fukushima
Japón reactivará la central nuclear más grande del mundo
guerra en Ucrania
Rusia estira las negociaciones de paz: "Los progresos son lentos"