SELECCIÓN MUSICAL
A playlist de... Rebeliom do Inframundo
NOVO DISCO
Con data de lanzamento programada para o próximo 27 de febreiro, a banda galega Rebeliom do Inframundo lanza “Orgulho”, un traballo discográfico así chamado non de casualidade. “Todo o que temos vive construido enriba do orgulho que sentimos por sermos quen somos”, afirman Nervo, Malvares, Frank Huxley, Busto e DJ Pol. A novidade do grupo orixinario de Ponteareas e con sede en Vigo, da que xa se coñeceron singles como “Sube”, “Balas”, “Bate fado” ou “Nada”, vén reafirmar como estes músicos que fan rap, hardcore e electrónica con raíces galegas cumpren unha década de carreira ofrecendo unha música que reflicte orgullo, rebeldía e a forza dunha xeración que loita e crea sen pedir permiso. No marco dunha xira por toda España, a data galega de presentación de “Orgulho” é o 8 de maio en Santiago de Compostela.
Pregunta. Como é o contido do novo disco como para que decidisen titulalo “Orgulho”?
Respuesta. Orgulho é o conpecto do disco. Orgulho de clase, da nosa cultura, nosas raizes. Olhar a peito descuberto a vida, coa tranquilidade do respaldo das nosas ancestras. Brindar respeito polo sangue derramado.
P. Adóitanse cualificar as cancións do grupo como de crítica social e mesmo ideolóxica por conter, por exemplo, mensaxes anticapitalistas ou contra a ultradereita. Que tanto hai disto no novo disco?
R. É algo intrínsico en nos. A rebeliom non pode entenderse sin amor e rebeldía. Neste disco creamos dende a raiba e o orgulho de clase, mas tamen dende o amor e as ganas de vivir.
P. O feito de ser galegos, que particularidade senten que suma a unha actitude xa de seu crítica?
R. Calquer pais oprimido parte de un sufrir que vese reflexado no arte, no noso caso a música. De seguro que si non fosemos galegas non faríamos a música tal e como a facemos, a forma de expresarnos, o noso idioma a nosa cultura e costumes son únicas e moi arraigadas na nosa forma de compor, non ser así este disco xamais tería existido. Seguro seguiría habendo crítica social, vimos de un estilo de música contestatario, antifascista, antiracista, por muito que o sistema pretenda usalo como via de comunicación coa xuventude o rap sempre será insumiso, pero a esencia sería distinta.
P. Cal é a devolución que lle fai o voso público sobre o contido das cancións? Como é o feed-back co voso público?
R. Por sorte sempre recibimos moi bo feed-back, somos xente afortunada. O ser honestos e humildes nas nosas letras fixo e fai que conectemos unhas con as outras de forma especial. Agardamos que con “Orgulho” nas ruas suceda esa simbiose máxica a que estamos acostumadas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SELECCIÓN MUSICAL
A playlist de... Rebeliom do Inframundo
NOVO DISCO
Rebeliom do Inframundo: rap d’orgulho galego
PORTADA DE LA REVISTA
Manuel Domínguez, el chef ourensano con la gastronomía gallega como compromiso en Madrid
Lo último
15.000 EUROS EN DAÑOS
Tres detenidos en la operación “Filadelfia” por grafitis en vagones de tren en Ourense