SELECCIÓN MUSICAL
La playlist de... David Diz
Cado ano, raro foi o que non fixen tal, colleríame en países nos que era imposible apañar o sinal eurovisivo, sigo o Festival de Eurovisión. Cun interese non exento de morbo. Morto de risa, mala morte, por certo, por asfixia, a miña, metáforica, cando leo, de novo ano tras ano, que a canción española está entre as favoritas. O que case nunca calla, agás o ano pasado a tan deostada “SloMo” de Chanel, que estivera a piques de gañar. Por máis que a miña favorita era “Hold me closer”, de Cornelia Jakobs. Nas “primarias” de Benidorm, “Mamá”, de Rigoberta Bandini. Este ano, desastriño. Aínda que teimen en dicirnos o boa que é Blanca Paloma. Miñaxoia: como ela hai unha chea de cantantes no ronsel de Rosalía. Coa agravante de que os autores da melopea quixeron poñerse lorquianos. E o peor de Lorca son os seus imitadores. Iso do “flamenquito” xa se intentara facer con Remedios Amaya, boa cantaora, por certo, en Eurovisión, digo, “zero points”. Porque “¡Qué bueno, qué bueno!”, otra achega ao conto, fora un fiasco. Como “Eaea”. Así e todo, Eurovisión este ano foi un espectáculo ruín, con ese tedioso comecartos en que ten mudado o “voto popular”. Que foi o remate para “Eaea”, a canción menos votada polos eurofans. Particularmente salvaría da desfeita a canción checa, cantada por raparigas ben harmonizadas, nada extraño na patria de Mahler, Smetana, Dvorak, Novak, ou a gamberrada croata, moi antiputinesca, foguetes incluidos para que os meta o sátrapa onde lle entren. Mais en xeral o festival volveu ser circo, coreografías aparatosas, bailes máis ou menos xeitosos onde soamente faltaba o Chikilikuatre a facer algunha pallasada. O “Eaea” sabía a gazpacho reseso, “revenido”, nin seqera útil para superar a resaca domingueira que algúns, entre eles eu, sufrimos logo de tanta cousa vella e superada. El será que, como Gigliola Cinquetti, gañadora en 1964, eu “Non ho l´etá”. El será iso, que xa non teño idade para me deitar tan tarde logo de escoitar e ver tanta parvada. Logo virían, por aí seguen, os prantos ou lamentos pola inxustiza diante de tanta incomprensión europea. Como dixera Don Miguel de Unamuno, diante da pobreza científica española: “¡Qué inventen ellos!” Or something like that. Si.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SELECCIÓN MUSICAL
La playlist de... David Diz
MÚSICA EN VIVO
Rock + DJs + Tatoos ourensanos en Secret Bridge Tatoo
PORTADA DE LA REVISTA
Javier Mariscal, el arte de comunicar con el diseño
Lo último
REDES SOCIALES QUE ENGANCHAN
Bruselas concluye que TikTok incumple la ley europea por su "diseño adictivo"
SOLBEIRA VUELVE A PRODUCIR
Paderne de Allariz recupera tierras agrarias abandonadas con apoyo de Medio Rural