PREMIO FORQUÉ
José Manuel Lorenzo, más osado que valiente
Playlist
Cunha mestura de reggae, ska e punk para acompañar unha mensaxe nacionalista galega, pero nun formato adaptado á pandemia, Dakidarría actuará o 27 de agosto no OurenRock Sound. “Readaptamos os nosos himnos para poder seguir cantando as mesmas consignas pero dende unha cadeira”, explica Gabri, guitarra e voz do grupo completada por Jorge Guerra á batería e Ruán ao piano.
O grupo Dakidarría actuará o venres 27 de agosto no OurenRock Sound XS, na Insua dos Poetas do Carballiño, para facer gala da súa mestura de reggae, punk e ska e a súa mensaxe a favor da cultura galega
Como vai ser o espectáculo no OurenRock tendo en conta o Covid e tendo en conta que Dakidarría invita ao baile?
Tivemos que reversionear as nosas propias cancións para poder ofrecer un show máis acorde ós tempos que vivimos. Readaptamos os nosos himnos para poder seguir cantando as mesmas consignas pero dende unha cadeira. Foi un proceso bonito e tanto público como músicos pasámolo xenial no escenario.
Comezaron a cantar en castelán e pasaron ao galego, por que?
O castelán era a lingua que se falaba en case tódolos ambitos da nosa vida, a nosa zona naquela época era moi pouco galegofalante e educáronnos así. Menos mal que existía o Xabarín Club porque estou seguro de que algún dos meus compis de cole non teria escoitado o galego de ningún outro xeito. Conforme fun escribindo cancións e fun medrando e coñecendo xente do activismo social funme decatando de que era un sinsentido cantarlle á liberdade dende unha terra oprimida no idioma das forzas opresoras.
Por esa razón fixemos o cambio. Foi unha das decisións que tomamos das que máis orgullosos podemos sentirnos xa que tanto na Galiza como fora temos gran aceptación e estamos defendendo algo no que, a día de hoxe, cremos firmemente.
Como é ter unha ideoloxía anticapitalista e zapatista e actuar nun festival cuxo patrocinador principal é o goberno provincial?
A veces eu tamén me pregunto iso. Algúns dos festivais nos que actuamos están subvencionados por institucións e eses festivais utilizan a súa subvención para contratarnos pero é raro que nos contraten directamente dende a xunta ou diputación pero o certo e que tamén ten pasado. Será que non escoitan as letras ou que non nos consideran tan perigosos para o réxime? A resposta debería ser que nos ampara a liberdade de expresión pero é sabido que non é algo característico do estado español. Máis ben creo que non teñen nin idea do que dicimos nas letras, que escoitaron “Terra” e lles pareceu guai, coma os anuncios do supermercado ese. Non o sei, pague quen pague seguiremos transmitindo a mesma mensaxe de rebeldía, iso por descontado!
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PREMIO FORQUÉ
José Manuel Lorenzo, más osado que valiente
GRUPOS MUSICALES
La playlist de... Tesouro
BANDA OURENSÁ
O tesouro da amizade
GRUPOS MUSICALES
La playlist de... LISE L.
Lo último
DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy, domingo, 21 de diciembre
Guía para probar suerte en la lotería
Lotería de Navidad 2025, cuáles son las diferencias entre fracción, décimo, número, serie y billete