De Teherán á Coruña
LA REVISTA
Pasando por Shole Wolpé, poeta iraniana exiliada , con quen recitei o outro día A Coruña.
Pasando por Shole Wolpé, poeta iraniana exiliada (non é raro, coñecina sen velo, degustando un rioxa, e na compaña da súa parella, o siquiatra xudeu, Kent), con quen recitei o outro día A Coruña. Convidados os dous por Yolanda Castaño, nese ciclo chamado "Poetas Di(n)versos", que emparella regularmente autores foráneos con galegos, dentro do ámbito marabilloso e sempre babélico da poesía.
A cousa é que fiquei transportado coa voz (o xesto, a palabra) de Shole Wolpé como o fixen coa película de Jafar Panahi, Teherán Taxi. Un monumento de película, un docudrama, dirixido e interpretado por un señor con películas, prácticamente todas, que na súa nación de orixe levan o selo ou carimbo de "non distribuibéis", o que equivale a que deban cumprir o mesmo exilio que Shole Wolpé, residente logo da súa marcha de Irán en Trinidad e agora nos Estados Unidos.
Pois ben, a cousa é que Panahi, farto de tanta prohibición optou por rodar esta película, que está tendo un certo éxito nas salas especializadas, dentro dun taxi, conducido por el e con cámaras agachadas no salpicadeiro do vehículo. No que van subindo ao longo do filme xente múltiple e colorida, procedente desas rúas de Teherán onde hai moita máis vida que a que os infernais "aiatolas" (dan gañas de pedirles con Siniestro Total que non nos toquen certo instrumento viril) desexarían para os seus habitantes. Básicamente nada para elas, un cero á esquerda onde ser home "sería" selo todo; sería se non fose porque negarlle os dereitos máis elementais ás mulleres implica, indirectamente, facelo tamén con eles (aínda que non se decaten ou dean de conta).
Shole Wolpé, si, e con ela todas esas mulleres exiliadas de Irán e reprimidas duramente no seu país de orixe. Un país onde Neda, aquela muller asasinada pola policía nunha mifestación que pedía libertade, é sinal e símbolo. Tamén no poema de Shole Wolpé, "I´m Neda". Pronuncíase igual á miña vila de orixe, Neda, fondo da ría de Ferrol. E por aí comecei a entender a Shole. E as súas causas, razóns e poemas. Á película, fantástica, de Jafar Panahi, aprendín a amala un par de semanas antes. Quixera volver a vela de tanto como me prestou. A Shole Wolpé, tamén. Quédanme os seus poemas para o inverno.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
LA REVISTA
La playlist de... Abril
LA REVISTA
Folklore e modernismo con Abril
LA REVISTA
La playlist de... Fillas de Cassandra
Lo último
Jenaro Castro
MORRIÑA.COM
La princesa ilustrada
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este miércoles, 6 de mayo
DERROTA 1-0
El Atlético dice adiós sin coraje en semifinales