A EDICIÓN MÁIS AMBICIOSA
A mocidade revive a tradición galega no Ponte Farruca
VISIBILIDADE LGTBI
Este venres tivo lugar a presentación do cartaz definitivo da IV romaría Ponte Farruca onde destacan os concertos das Tanxugueiras en acústico, Alana e Unto Vello. María Quintiana, directora xeral de Promoción da Igualdade, participou no acto en nome da Xunta, que apoia por segundo ano esta iniciativa.
Quintiana salientou o Ponte Farruca como un encontro “consolidado, do que se fala en toda Galicia”, froito do esforzo e traballo “exemplar dos seus organizadores”, razón pola que artistas como Alana ou As Tanxugueiras “veñen a Laza a celebrar o valor da diversidade LGTBI no rural”.
Xacobo García, presidente da asociación organizadora enLAZAdos, agradeceu o apoio de “Xunta, Concellos, patrocinadores e colaboradores”, que permitiron pasar “dun día a tres”, polo que o venres tamén haberá música con “Varios Santos, Pappaquino, DJ Marmelo e Patas DJ”, e presumiu dun “auténtico 'cartelón' o día grande, o sábado”.
Nerea Costa, secretaria da asociación, destacou que o Ponte Farruca “non só son concertos, tamén hai actividades para tódolos públicos”, e enumerou os obradoiros de baile e cantos de taberna, a tractorada engalanada, o regreso do Farruca Dates, actividades para a cativada, cinema e ata un show drag.
Os organizadores tamén destacaron que haberá food trucks , así como unha carpa que servirá churrasco. Igualmente tamén se habilitará unha zona de descanso para todos os que se animen a ir a Laza.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
A EDICIÓN MÁIS AMBICIOSA
A mocidade revive a tradición galega no Ponte Farruca
PATRIMONIO CULTURAL
Laza afondará na Morena, figura clave do seu Entroido, cunha charla monográfica
Lo último
SU ÚLTIMO MUNDIAL "EL MEJOR"
Marc Márquez: "La retirada está más cerca, pero no sé cuándo será"
LE TRASLADAN SUS INQUIETUDES
La comunidad española de Remscheid se reúne con el nuevo cónsul general de España