PATRIMONIO CULTURAL
Laza afondará na Morena, figura clave do seu Entroido, cunha charla monográfica
DIVERSIDADE, IGUALDADE E VISIBILIDADE
O Ponte Farruca, unha romaría contemporánea que organiza en Laza a asociación cultural enLAZAdos, segue medrando ano tras ano. A cuarta edición desta iniciativa cultural, que busca promover a diversidade sexual, a igualdade de xénero e a visibilidade do colectivo LGTBI+ no interior do país, ao tempo que reivindica a identidade e a cultura do rural, terá lugar por primeira vez ao longo de tres días (os vindeiros 15, 16 e 17 de agosto).
Na súa curta traxectoria ata o de agora, o Ponte Farruca converteu os desfiles en tractor e a bata tradicional galega en dous dos seus símbolos máis recoñecibles, ata o punto que recentemente agasallaron unha bata personalizada a Melody, a última representante estatal en Eurovisión.
Co fin de poder financiar parte das actividades destacadas que teñen lugar cada edición, como unha feira de artesanía e material agrícola, a súa recoñecida “tractorada engalanada”, a sesión vermú, os concertos, ou os obradoiros, dende a organización veñen de lanzar un crowdfunding ou micromecenado.
Grazas a el, tódolos interesados en colaborar coa celebración do festival poden facer achegas a partir dos 10 euros, e obter a cambio diversas recompensas no propio Ponte Farruca, un festival que por outra banda é totalmente gratuíto.
Este crowdfunding está xa dispoñible na plataforma goteo.org e durará un total de 80 días, en dúas rondas. O obxectivo mínimo é de 2.000 euros, pero dende enLAZAdos esperan poder acadar “3.150 ou máis, toda axuda é benvida”. Os organizadores lembran ademais que entre “un 35% e un 80%” do importe das achegas “pódese desgravar na declaración da Renda”.
Ao longo das próximas semanas irase desvelando o cartaz completo do Ponte Farruca e a súa distribución por días. En todo caso, espérase que volva haber actividades de educación en igualdade de xénero para a cativada, así como o regreso do “Farruca Dates”, unha forma diferente de coñecer xente nun ambiente distendido.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PATRIMONIO CULTURAL
Laza afondará na Morena, figura clave do seu Entroido, cunha charla monográfica
MODELO EDUCATIVO NO RURAL
Dous profesores do colexio de Laza, entre os mellores de toda España
EMERGENCIAS Y RESCATE
El GES de Laza recibe un nuevo vehículo multiusos
ADQUISICIÓN DE VIVENDA
Laza terá un museo etnográfico dedicado ao Entroido e ao Santo Cristo
Lo último
MEDICINA FÍSICA Y REHABILITACIÓN
Lucía Ros Dopico, médico especialista: “Mi sueño es cambiar el paradigma de la discapacidad infantil”
DIA DE GALICIA
El Día de Galicia en el Centro Galicia de Buenos Aires