PATRIMONIO CULTURAL
Laza afondará na Morena, figura clave do seu Entroido, cunha charla monográfica
RELEVO NA ORGANIZACIÓN
Os integrantes da actual comisión de festas do Entroido e Santo Cristo, as dúas festas máis senlleiras da vila de Laza, veñen de comunicar que se retiran do seu labor tras unha década organizando estes eventos.
Esta decisión tomouse a raíz dunha reunión coa veciñanza que tivo lugar recentemente, “aínda que non foi só ese o motivo”, e trala que a comisión pide “desculpas” polos erros que se puideran cometer nestes 10 anos, e que asumen “con humildade”. Ao mesmo tempo consideran unha “falta de respecto non permitir que a comisión fale nin se exprese libremente na reunión”.
Deste xeito, a escasos dous meses de celebración do Entroido lazao, e tralas “dificultades e trabas que fomos atopando ao longo deste tempo”, a comisión das festas queda “aberta a todas aquelas persoas que desexen asumir a organización, desexándolles moita sorte no seu labor”, expresaron os seus integrantes.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PATRIMONIO CULTURAL
Laza afondará na Morena, figura clave do seu Entroido, cunha charla monográfica
MODELO EDUCATIVO NO RURAL
Dous profesores do colexio de Laza, entre os mellores de toda España
EMERGENCIAS Y RESCATE
El GES de Laza recibe un nuevo vehículo multiusos
ADQUISICIÓN DE VIVENDA
Laza terá un museo etnográfico dedicado ao Entroido e ao Santo Cristo
Lo último