A EDICIÓN MÁIS AMBICIOSA
A mocidade revive a tradición galega no Ponte Farruca
NOVA DATA
As xa icónicas batas do festival Ponte Farruca de Laza volverán a lucirse con orgullo moi pronto. Tras verse na obriga de ter que pospór a súa cuarta edición, prevista para mediados do pasado agosto, por mor da ola de lumes que devastou a comarca, a organización do evento vén de confirmar o cartaz definitivo, encabezado polas Tanxugueiras en acústico, Alana e Unto Vello, e que finalmente terá lugar o 25 e o 26 de outubro.
O traballo da asociación cultural enLAZAdos ao longo destas semanas foi clave para poder manter en pé o maior número de actuacións e actividades deste festival, referente da inclusión LGTBI no rural.
Ao mesmo tempo, incorpora citas novas como “Reverdecer”, na que os participantes reforestarán zonas da contorna de Laza afectadas polos incendios e recibirán unha charla.
Se ben a programación final, ao pasar de tres a dous días, está por concretar, o festival terá feira de artesanía, xogos labregos, os Farruca Dates, cinema rural, obradoiros de baile, cantos de taberna e un clásico, a tractorada engalanada.
Ademais, tamén actuarán Señora DJ e Os Kokakolas. Nos vindeiros días abrirase o prazo de inscrición nas actividades.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
A EDICIÓN MÁIS AMBICIOSA
A mocidade revive a tradición galega no Ponte Farruca
PATRIMONIO CULTURAL
Laza afondará na Morena, figura clave do seu Entroido, cunha charla monográfica
Lo último
SENDERO DE DIFÍCIL ACCESO
Evacuada en helicóptero una mujer tras sufrir una indisposición en el Monte Pindo (A Coruña)
ESTALLIDO EN UNA TORRE
Vídeo | Desatado un incendio en la subestación eléctrica de Tibo, en Caldas de Reis