A EDICIÓN MÁIS AMBICIOSA
A mocidade revive a tradición galega no Ponte Farruca
ORIXE DESCOÑECIDA
A aparición dunha alga en varios puntos do río Támega ao seu paso por Laza levou ao PSdeG-PSOE local a presentar un escrito pedindo ao Concello que contacte coa Confederación Hidrográfica do Douro (CHD), co fin de analizar as causas e que se tomen as medidas necesarias no caso de que se trate dunha alga invasora.
Dende o grupo municipal socialista en Laza explican que “son varios os veciños que nos trasladaron a situación, preocupados pola aparición desta alga, especialmente visible na zona de Matamá ao pé da ponte, pero tamén en varias zonas de baño das nosas áreas fluviais”.
O voceiro lazao, Juan Ramón Álvarez Álvarez, subliña que “ata este verán non se tiña constancia da súa presenza nos ríos que transcorren polo municipio”. Define a situación como “preocupante, xa que algo similar aconteceu na zona de Xinzo e como consecuencia prohibiuse o baño nas zonas afectadas pola aparición deste tipo de algas”.
Os socialistas tamén se puxeron en contacto cas persoas responsables da vixilancia dos ríos no municipio para darlles traslado e conta da situación e que “todos os organismos competentes teñan información”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
A EDICIÓN MÁIS AMBICIOSA
A mocidade revive a tradición galega no Ponte Farruca
PATRIMONIO CULTURAL
Laza afondará na Morena, figura clave do seu Entroido, cunha charla monográfica
Lo último
INMUNIZACIÓN DE LOS NIÑOS
Vacunación de gripe y covid en Ourense 2026: cuándo empieza, quién puede vacunarse y dónde
PREVISIÓN DEL TIEMPO
Ourense encara un fin de semana de calor con hasta 35 grados de máxima