A EDICIÓN MÁIS AMBICIOSA
A mocidade revive a tradición galega no Ponte Farruca
SUBA DA TAXA
O PSdeG-PSOE de Laza denunciou a “suba indiscriminada” da taxa do lixo no municipio mentres, segundo afirman, o servizo de recollida “se presta de forma moi deficiente”. Os socialistas lazaos aseguran que os contedores permanecen cheos “durante cinco ou seis días, con cheiros insoportables e risco para a saúde pública”.
O voceiro municipal, Juan Ramón Álvarez, instou ao alcalde, José Ramón Barreal, a adoptar “solucións urxentes” e garantir unha prestación eficaz, xa que “se a veciñanza paga máis polo servizo, as condicións deben mellorar e non empeorar”.
O grupo socialista considera que o incremento no recibo “é un taxazo co que o goberno local pretende recadar máis impostos” e lembra que dende abril o Concello asumiu directamente a xestión da recolla de lixo, xunto cos de Cualedro e Monterrei, “sen que mellorase o servizo e xerando o malestar da veciñanza”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
A EDICIÓN MÁIS AMBICIOSA
A mocidade revive a tradición galega no Ponte Farruca
PATRIMONIO CULTURAL
Laza afondará na Morena, figura clave do seu Entroido, cunha charla monográfica
Lo último
INMUNIZACIÓN DE LOS NIÑOS
Vacunación de gripe y covid en Ourense 2026: cuándo empieza, quién puede vacunarse y dónde
PREVISIÓN DEL TIEMPO
Ourense encara un fin de semana de calor con hasta 35 grados de máxima