Frutos Fernández: "Lero chegou a ter o triple de poboación que ten agora, máis que Ribadavia"

ENTREVISTA

O catedrático presentou hoxe o seu novo libro, “Leiro. Casas e Xentes”,

Frutos Fernández.
Frutos Fernández.

O catedrático Frutos Fernández volve a afondar na historia de Leiro no seu novo libro “Leiro. Casas e Xentes”, que presentou hoxe no Novo Cine de Leiro ás 12,00 horas, coa intervención de Pablo Sánchez Ferro, director do Arquivo Histórico Provincial de Ourense; José Luis Egido, xeneral conselleiro togado do Corpo Xurídico Militar, e coa presentación do doutor en Historia Francisco Sandoval.

Pregunta. Que lle leva a escribir este libro?

Respuesta. En certa medida esta obra é a continuación da que publiquei no 2021 sobre a historia de San Clodio, no que facía un repaso pola historia de Leiro cando pertencía ao mosteiro. En este libro parto do catastro de 1926 para recoller un estudio das grandes familias de Leiro, as súas casas e as actividades que se realizaban.

P. En que casas se centra?

R. Por enriba de todo nas máis antigas e sobranceiras, que son máis dun centenar de casas, pero non centrándome tanto na construción como na historia dos que as habitaron. As máis destacadas son tres propiedades da familia dos Hermida: a casa grande, que actualmente ocupa o Cuartel da Guardia Civil; a outra Casa Grande de Leiro e a Casa do Cruceiro.

P. Por que destaca a familia dos Hermida?

R. Dende o punto de vista histórico é unha das mais importantes de Leiro xa que tiña un liderado no antigo rexime, antes de que Leiro se constituíse como concello, e varios membros dos Hermida ocupaban cargos en Madrid. Tamén destaco aos irmáns Iribarren ou os García Tobío e os Eiján, médicos moi coñecidos en Ourense. Familiares seus van a estar ademais na presentación.

P. Como eran os negocios do Leiro de antano?

R. Leiro chegou a ter o triple de poboación da que ten agora, superando a Ribadavia, cunha estrutura comercial que atendía a máis de 5.000 habitantes. O libro ten apéndices documentais con datos como os nomes de propietarios de inmobles, os negocios que había, dende as carnicerías, panaderías, tabernas… Tamén repaso a estrutura urbanística de Leiro, moi relacionada coa apertura da travesía que agora é a rúa Gabino Bugallal, que ten unha construción relativamente nova pero alberga edificios con gran valor histórico e artístico.

Contenido patrocinado

stats