ALCALDE DENDE 2015
Antonio Iglesias seguirá á fronte do PP de Lobeira
ALCALDE DENDE 2015
O alcalde do Concello de Lobeira dende 2015, Antonio Iglesias Álvarez, revalidou a presidencia do Partido Popular local no congreso celebrado pola agrupación da vila. Iglesias, quen aspira a obter nas eleccións municipais do vindeiro ano unha cuarta maioría absoluta consecutiva, agradeceu o apoio dos afiliados e a presenza de moitos veciños, destacando a “confianza” que deposita nel o partido. O popular subliñou que se trata de “facer equipo, estar unidos, ser fortes e transmitir ilusión”.
Na clausura do congreso participou Luis Menor, líder do PP de Ourense, quen afirmou que Iglesias é “toda unha garantía de estabilidade política e compromiso”, e agradeceulle que asuma “o reto de ser a voz do partido en Lobeira”. Ademais, cualificou a agrupación de Lobeira coma “peza fundamental da maquinaria que estamos a poñer a punto para seguir colleitando os mellores resultados electorais”.
Nese senso, Menor salientou o traballo do actual alcalde e dos afiliados e simpatizantes do PP en Lobeira: “Ides conseguir que sexamos aínda máis fortes, por iso sodes tan importantes para o proxecto do Partido Popular”.
No congreso, Antonio Iglesias estivo tamén arroupado pola secretaria xeral do PPdeOU, Sandra Quintas; alcaldes e portavoces populares da Baixa Limia e da Terra de Celanova, así como polo presidente do comité de Relacións Institucionais e Interparlamentarias do PP ourensán, Miguel Santalices.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ALCALDE DENDE 2015
Antonio Iglesias seguirá á fronte do PP de Lobeira
VISITA DE LUIS MENOR
Lobeira acomete mejoras en su red de sumideros
Lo último
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Tren tecnológico
COBERTURA DE PLAZAS CENTRALIZADA
Ourense se desmarca de un comunicado sobre las contrataciones en Urgencias