VOTOS HASTA EL 31 DE OCTUBRE
Esta ruta ourensana aspira a ser el mejor sendero de España
COMUNIDADE
A historia dun pobo gárdase na memoria colectiva, nas lembranzas compartidas. A Banda de Lobios é a encargada, dende hai 147 anos, de pór a banda sonora aos momentos que forxan o recordo. Porén, ao igual que outros reflexos da identidade da sociedade rural, está a piques de esquecerse.
A súa fundación data do ano 1879 e dende entón fóronse sucedendo xeracións de veciños que a mantiveron viva.“Se es de Lobios, é raro que un familiar ou varios non fosen parte da banda”, apunta Óscar Paz Alonso, o presidente da asociación que se encarga de dirixir a agrupación e a escola de música, piar fundamental do relevo xeracional. Para manter viva a memoria “dos avós dos nosos avós”, a banda lanzou unha campaña de recadación de fondos para renovar os instrumentos cos que aprenden os cativos.
A supervivencia dunha das agrupacións máis lonxevas da provincia radica na súa canteira, a escola de música, na que hoxe estudan preto de vinte cativos baixo as ensinanzas dos profesores voluntarios -membros da banda- que os acompañan dende os cinco anos. Chegados dende toda a comarca da Baixa Limia e o norte de Portugal, sen esta posibilidade terían que achegarse a Ourense “que son preto de 60 quilómetros e non todo o mundo ten a posibilidade”, lamenta o presidente. “Tanto a banda como a escola precisan bastantes fondos, e as administracións non achegan o suficiente”, aclaran, explicando que eles fináncianse coas actuacións, malia que non é suficiente para renovar uns instrumentos “de preto de 50 anos, xa é máis caro arranxalos que mercar novos”.
“Con esta campaña non só queremos manter viva unha agrupación que xa pasou por outras dificultades. Sen medios e sen recursos conseguiron sacala adiante en épocas complicadas como a Guerra Civil”, dixo Paz, “ademais, queremos ensinar que no rural a xente quere facer cousas e loitamos por telas”. “Antes había moitas máis bandas na zona, pero cada vez quedan menos. A xente marcha á cidade e nós queremos manter, polo menos, as que quedan”.
Así, a banda loita por manter viva unha parte singular da identidade de Lobios, que leva acompañando aos veciños nos momentos máis importantes da vida comunitaria dende hai século e medio, e un espazo de unión a través da cultura.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
VOTOS HASTA EL 31 DE OCTUBRE
Esta ruta ourensana aspira a ser el mejor sendero de España
MÁIS DE MIL RACIÓNS
Galería | A Festa dos Callos Limiaos pon sabor ao verán en Lobios
FESTA DA MALLA
A maxia da malla revive a tradición rural en Puxedo
Lo último
XESTIÓN DO TERRITORIO
A Casa Vella de Amiadoso, en Allariz, une cultura e ecoloxía para protexer o agro