20 ANIVERSARIO DE ASTUREX
Los productos asturianos llegan ya a 150 países y se duplican las empresas exportadoras en dos décadas
O Colexio Oficial de Biólogos de Galicia (Cobga) reclama o Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Marino e os gobernos autonómicos que tomen 'medidas firmes e urxentes', como prohibir os insecticidas que se basean en nicotina, para deter a desaparición masiva de abellas. Neste sentido, alertaron de que este insecto se está a extinguir ao longo do globo, o cal repercute sobre a agricultura, dado que moitos cultivos son polinizados. Os biólogos afirman que a única forma de deter 'este terrible fenómeno' é prohibir en España o uso de pesticidas nicotinoides, é dicir, aqueles que están deseñados a partir do alcaloide nicotina. Este tipo de produtos actúa sobre o sistema nervioso central das abellas, paralizándoas e causándolles a morte en poucas horas.
Segundo afirma a Cobga, estes insecticidas -como o Imidacloprid ou o Thiametoxam- foron prohibidos en Alemaña e en Francia hai máis de tres décadas, e dende entón, os apicultores destes países constataron que as mortes de insectos diminuíron.
Así mesmo, a Cobga denuncia que os agricultores, na súa maior parte, teñen un 'total descoñecemento' do correcto uso dos insecticidas, e os empregan 'de xeito excesivo e provocando estragos'. Por último, piden que as administracións e, no caso de Galicia, os propios produtores do consello Regulador Indicación Xeográfica Protexida 'Mel de Galicia', recomenden situar as colmeas lonxe dos lugares de agricultura extensiva.
PERIGOS BIOL?XICO
O Cobga afirmou que, a nivel mundial, a principal causa das mortes de abellas se debe a dous axentes biolóxicos: un ácaro chamado 'Varroa', que lle absorbe a estes insectos o seu líquido circulatorio, e un parasito chamado 'Nosema apis'.
Ambos os dous seres son os responsables dun fenómeno coñecido como problema de colapso de colonias, no que se produce a desaparición drástica dun grande número de abellas obreiras, sen as que a colmea non pode funcionar. Non obstante, a asociación de biólogos galegos sinalou que ambas as dúas enfermidades se poden tratar 'con bos resultados'.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
20 ANIVERSARIO DE ASTUREX
Los productos asturianos llegan ya a 150 países y se duplican las empresas exportadoras en dos décadas
COOPERACIÓN INTERNACIONAL
El embajador de Japón reafirma en DiploInnova Canarias el interés por el archipiélago
MISIÓN COMERCIAL
El sector naval andaluz busca oportunidades de negocio en la India
Lo último
ACCIDENTE LABORAL MORTAL
Muere un hombre por una posible intoxicación de monóxido de carbono al revisar un generador
DEFICIENCIAS EN LA SEGURIDAD
Primor cierra temporalmente en la rúa do Paseo en Ourense por incumplir la normativa de incendios