Gadisa aumentou 2,7% a súa facturación en 2011 e atinxiu 937 millóns de euros
A cadea galega de supermercados do grupo Gadisa aumentou en 2,7% a súa facturación no ano pasado, que ascendeu a 937 millóns de euros, informaron hoxe fontes da firma distribuidora galega,
A cadea galega de supermercados do grupo Gadisa aumentou en 2,7% a súa facturación no ano pasado, que ascendeu a 937 millóns de euros, informaron hoxe fontes da firma distribuidora galega, que declinaron informar sobre os beneficios ou perdas obtidas. Ao ser preguntado sobre a situación de beneficios ou perdas, un voceiro da empresa limitouse a indicar que non o divulga por 'política da empresa'.
O grupo destinou 25,24 millóns de euros a investimentos, principalmente a apertura, ampliación de puntos de venda e a construír un centro loxístico en Medina del Campo (Valladolid), sinala Gadis nun comunicado.
Iso permitiu a Gadisa incrementar en 7.861 metros cadrados a superficie comercial de supermercados propios, que atinxe os 180.784 metros cadrados en total.
A compañía xerou 168 empregos directos en 2011 e alcanzou uns fondos propios de 162,94 millóns de euros.
Ademais, incrementou 27% a cifra de investimentos, que ascendeu a 25,24 millóns de euros, destinados principalmente á apertura de oito puntos de venda propios e franquías, á ampliación e modernización de estabelecementos xa existentes e á construción dun centro loxístico en Medina del Campo.
Gadisa sumaba, no día 31 de decembro de 2011, 212 supermercados propios da marca Gadis, 12 de Cash Ifa e 162 estabelecementos da franquía Claudio en Galicia e Castela e León.
A compañía destaca que continúa apostando por un modelo comercial baseado en ofrecer en todos os seus puntos de venda unha ampla variedade de produtos a prezos moi competitivos, con preferencia por marcas recoñecidas, produtos frescos de alta calidade e un servizo de atención ao público profesional e personalizado.
A peche de 2011 contaba cun cadro de persoal composto por 6.306 traballadores, dos que 193 ascenderon internamente e 446 dispón de horario adaptado ás súas necesidades familiares.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
20 ANIVERSARIO DE ASTUREX
Los productos asturianos llegan ya a 150 países y se duplican las empresas exportadoras en dos décadas
COOPERACIÓN INTERNACIONAL
El embajador de Japón reafirma en DiploInnova Canarias el interés por el archipiélago
Lo último
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
La creatividad y la política
Pilar Falcón
DÍAS Y COPLAS
Febrero, el coreógrafo breve
Fermín Bocos
La insostenible posición de Óscar Puente
PRIMERA FEB
El COB se ahoga en Fuenlabrada (78-71)